Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Vigo introduce ao seu profesorado na vertente TIC da propiedade intelectual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Vigo introduce ao seu profesorado na vertente TIC da propiedade intelectual

Redacción
Publicado: 10/11/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

propiedade_intelectual.jpgA Propiedade Intelectual (PI) é un tema que xera moita controversia, onde están os seus límites? Para abranguer esta cuestión e tendo en conta as novidades xurdidas no eido lexislativo foi pensado o Curso sobre Propiedade Intelectual, unha cita da Área de Formación e Innovación Educativa encamiñada ao profesorado universitario que terá lugar o 29 e 30 de novembro na sala catro do Edificio Miralles (Campus Universitario de Vigo) e o prazo para anotarse manterase aberto ata o vindeiro día 18. A actividade en cuestión fará fincapé na titularidade dos dereitos e na autoría dos contidos dixitais.
O curso en cuestión será dirixido polo docente Carlos A. Gómez, membro da xunta directiva da Asociación Española para o Estudo do Dereito Universitario (AEDUN), quen sinalou que esta actividade quer servir para despexar dúbidas sobre a titularidade dos dereitos de Propiedade Intelectual (PI) e garantir xuridicamente o traballo ordinario do profesorado. Un dos temas máis relevantes a tratar será o uso de materiais de terceiros na docencia presencial e virtual, amais de aspectos como a PI na era dixital ou a PI nos descubrimentos científicos do Persoal Docente de Investigación, e a problemática dos contidos de dominio público ou con licencias de Creative Commons á hora da súa difusión xeneralizada dende a Universidade.
As persoas que asistan a este curso poderán comprobar se existe ou non un uso indebido dos dereitos de propiedade intelectual no seu traballo diario. Os principais problemas que se detectan, di Gómez, “son os que xeran aqueles traballos académicos que son unha mera sucesión de contidos de outros autores, sobre todo dende que se introduciu o sistema de Boloña e debido á facilidade que representa Internet”. Tal e como afirma o coordinador do curso, “hai unha crenza xeneralizada de que todo o que está en Internet é de balde, e tanto profesorado como alumnado están tentados de usalo sen problemas”, e aínda que a lei permite a utilización de material de terceiros en contornas dixitais pechadas, “deben coñecerse os casos en que é necesario compensar aos autores polo seu uso”, conclúe.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?