Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña tramitou nun ano máis de 60.000 expedientes pola vía dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña tramitou nun ano máis de 60.000 expedientes pola vía dixital

Redacción
Publicado: 11/11/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_coruna_administracion_electronica.jpgA Deputación da Coruña presentou este xoves os últimos avances da provincia en materia de Administración Electrónica. A cita (cos medios, cos representantes dos concellos) foi na sede da entidade e serviu tamén para dar a coñecer as novidades lexislativas referentes ao eido dixital e as tramitacións e comunicacións que poden facer a través deste ámbito. O foro foi inaugurado polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso e o deputado de Economía, Facenda e Persoal, Antonio Leira, e contou coa presenza de alcaldes e técnicos municipais de 72 concellos coruñeses. No encontro, amais de dar a coñecer os novos detalles TIC da Lei 39/2015 de procedemento administrativo común das administracións públicas, fíxose saber que a Deputación tramitou o ano pasado máis de 60.000 expedientes de forma cen por cen electrónica.
Segundo sinalou González Formoso, estas e outras cifras son froito “do firme compromiso” da Deputación a prol “da eficiencia e da transparencia”. Este compromiso, dixo, supón para a institución “un esforzo en cada exercicio de tres millóns de euros”, un investimento que se destina a dar soporte nesta implantación aos 93 concellos da provincia e que se traduce en cousas como a solución tecnolóxica integral específica achegada pola Deputación. Unha solución, sinalou o presidente provincial, “que garante a intercomunicación entre todas as administracións locais da provincia e que abrangue todos os procesos esenciais para guiar e axudar aos concellos coruñeses na transformación dixital”.
deputacion_coruna_administracion_electronica_presentacion_presidente.jpg Pola súa banda, as novidades da devandita lei foron despregadas deputado de Facenda, Antonio Leira. Estes cambios, sinalou, contemplan novas obrigas, como a provisión de arquivos electrónicos, garantir o dereito á información e a transparencia ou pór en marcha sedes electrónicas. Medidas, engadiu, “que o conxunto de responsables e profesionais que compoñemos a administración local debemos asumir como un reto de cara a liderar o proceso de creación dunha institución mais moderna, eficiente, accesible e coordinada”,
A Deputación, no marco da xornada cos concellos, tamén lembrou que arestora xa tramita todas as súas liñas de subvencións a concellos e entidades e os seus plans de investimentos nos consistorios “de maneira integramente dixital, con cero papel”. Isto, engadiu o presidente, “permite a redución de tempos na tramitación, o aforro de tempo e diñeiro aos solicitantes e ao erario público e unha maior transparencia na xestión”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?