Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMTEGA e HPE convocan aos nosos expertos en Big Data para dar forma a tecnoloxías de eficacia comercial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMTEGA e HPE convocan aos nosos expertos en Big Data para dar forma a tecnoloxías de eficacia comercial

Redacción
Publicado: 14/11/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

hackathon_hep_cein.jpgIncentivar e promover colectivamente respostas dixitais que nos axuden a tirar partido comercial da gran cantidade de información que xeramos día a día, máis polo miúdo da información que xeramos como posibles clientes. Disto, de datos masivos para despregar os recursos xustos e ofrecérllelos a clientes reais e a demandas concretas, é do que trata a primeira edición do Hackathon Big & Anaytics HPE, unha iniciativa do Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio de Hewlett Packard Enterprise (CEIN) en colaboración coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e Situm Technologies. O encontro desenvolverase os días 25 e 26 de novembro de 2016 na sede das súas oficinas na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela.
Este hackathon, sinalan dende HPE, xorde do compromiso do CEIN de “potenciar e desenvolver o sector TIC galego, involucrando a un equipo de analistas, investigadores, universitarios, emprendedores e todo tipo de persoas con inquietudes tecnolóxicas en Big Data & Analytics para que compitan durante dous días no desenvolvemento de solucións dixitais a partir dos datos de localización da traxectoria de clientes nun centro comercial”. Segundo engade a multinacional, as tecnoloxías materializadas ao abeiro destas sesións terán o obxectivo común de “permitir analizar e comprender o comportamento dos clientes, facendo dispoñibles as conclusións da análise aos negocios situados no centro comercial para que poidan adaptar a súa oferta de produtos e servizos e explorar novas vías de atracción de clientes”.
mercando_mobil.jpgOs integrantes dos equipos inscritos concorrerán, ademais, nunha comida networking con persoal do CEIN o sábado 26 na cantina da Cidade da Cultura e recibirán un diploma acreditativo de participación emitido por HPE. Ao peche do evento, cada equipo presentará a súa solución e un xurado experto avaliará e seleccionará aos gañadores nas seguintes categorías: Mellor solución global, Iniciativa máis innovadora e Mellor proposta de valor. Os gañadores serán elixidos por un xurado constituído por colaboradores do CEIN e profesionais doutros sectores achegados. O horario do encontro será de 18:00 a 20:00 horas o primeiro día e de 9:00 a 20:00 horas o segundo. As persoas que queiran participar poden atopar toda a información que precisen na web actualizada do hackathon. hackathon-cein.com. A actividade abrolla do programa de colaboración fixado por HPE e AMTEGA ao abeiro do Pacto Dixital de Galicia, unha alianza na que se integran 13 empresas do sector, asumindo o compromiso de “colaborar coa Administración autonómica para situar á nosa terra como un referente tecnolóxico na atracción de investimentos, o desenvolvemento de proxectos con potencial tractor e a internacionalización das PEME”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?