A Asociación Antidroga Renacer, con sede en Ribeira, vai contar co apoio do Concello para, entre outras cousas, optimizar a súa páxina web, asociacion-renacer.org. Así o deron a coñecer este luns 14 o alcalde de Ribeira e máis a presidenta de Renacer, María González. Ambos rubricaron un acordo-convenio de colaboración que, nas súas liñas xerais, diríxese a continuar o traballo de loita contra as drogodependencias (facendo especial fincapé no labor de prevención, ámbito que se vai fortalecer na súa vertente dixital a través das melloras preparadas para a páxina web de Renacer).
Segundo lembrou o alcalde, Manuel Ruiz, o orzamento municipal recolle unha consignación de 3.000 euros. Este orzamento será empregado para a modificación e mellora da páxina web da entidade antidroga “co fin de facela máis funcional e incorporar novidades en canto a deseño, código e seguridade”.
Ademais, de acordo coas cláusulas, a colaboración estenderase a asesoramento mutuo en cuestións relacionadas coa actividade de ambas entidades, organización e execución de actividades comúns relacionadas co ámbito das drogodependencias “e calesquera outras que son de interese común”.
O Concello de Ribeira colaborará na remodelación da páxina web de Renacer
Compartir Este Artigo

