Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Reacciona TIC colle pulo cun ciclo de xornadas técnicas para fortalecer a competitividade das nosas PEME
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Reacciona TIC colle pulo cun ciclo de xornadas técnicas para fortalecer a competitividade das nosas PEME

Redacción
Publicado: 14/11/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

reacciona_tic_competencias.jpgA Xunta está a organizar un ciclo de xornadas técnicas sobre o programa Reacciona TIC. O ciclo vai dirixido a informar ás empresas galegas sobre as vantaxes que se abren coa transformación dixital e a Industria 4.0: oportunidades de desenvolvemento e tamén de uso (máis eficiencia, máis eficacia, máis rendibilidade, menores custes de fabricación, etc). Reacciona TIC, como lembraremos, foi posto en marcha para facilitar ás nosas PEME recursos tecnolóxicos que incrementen a súa competitividade. As sesións darán comezo ás 19.00 horas e contarán coa presenza de empresas que xa comezaran procesos de afianzamento no eido 4.0, dando a coñecer as súas experiencias. As bases da iniciativa son, como dixemos, a empresa dixital e a Industria 4.0.
O programa vén da man do IGAPE e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). As xornadas técnicas do programa Reacciona TIC desenvolveranse na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, o próximo martes, 15 de novembro; en La Molinera, Ourense, o día 17; na sede da CEC, na Coruña, o día 22; no Cei Nodus de Lugo, o 23 de novembro; e na sede do Consorcio Zona Franca de Vigo, o 24 deste mes.
Axudas de Reacciona TIC
O DOG publicou o pasado 26 de outubro as bases reguladoras do Reacciona TIC, coas axudas para “desenvolver un amplo catálogo de servizos e así facilitar o impulso da empresa dixital e da incorporación de solucións propias da Industria 4.0 nas PEME galegas”. Concretamente, dende o 31 de outubro e durante un mes fica aberta a primeira convocatoria do programa. Logo, están previstas sucesivas edicións en decembro deste ano e en xaneiro e marzo do ano vindeiro. As solicitudes presentaranse de forma telemática na web do IGAPE, e os servizos seranlles facilitados ás PEME beneficiarias por axentes colaboradores especializados.
Empresa dixital
No ámbito da empresa dixital, o programa ReAcciona TIC facilitará a prestación de servizos avanzados orientados a promover a dixitalización. En palabras de AMTEGA, “comezarase pola diagnose do grao de modernización tecnolóxica e a identificación das oportunidades de mellora que permitan incrementar a competitividade da empresa”. As empresas beneficiarias poderán acceder igualmente a servizos de soporte para a implantación de solucións de mobilidade que melloren a conectividade con traballadores, clientes ou provedores, ou para a incorporación de solucións TIC orientadas á mellora da xestión empresarial.
Industria 4.0
Ao abeiro da Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0, o catálogo abrangue servizos orientados a establecer novas fórmulas de produción e a impulsar a fabricación de produtos de calidade a través de novos modelos e procesos de deseño, creación e distribución. A idea é permitir que as PEME accedan “asesoramento especializado para avaliar a súa capacidade e as oportunidades ao seu alcance para aplicar solucións de Industria 4.0”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?