Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME preséntase o 22 de novembro en Vilagarcía de Arousa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME preséntase o 22 de novembro en Vilagarcía de Arousa

Redacción
Publicado: 15/11/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

vilagarcia.jpgComo xa comentamos dende Código Cero, a Deputación de Pontevedra achega a ferramenta SmartPEME para pequenas e medianas empresas co obxectivo de informalas e asesoralas sobre a aplicación das novas tecnoloxías (TIC) nos seus negocios. Nesta nova damos conta de que SmartPEME vaise presentar en Vilagarcía de Arousa o 22 de novembro, data na que o recinto FEXDEGA acollerá unha xornada para presentar esta iniciativa e ofrecer asesoramento personalizado aos empresarios.
SmartPEME resulta de gran utilidade para os pequenos empresarios que non dispoñen de asistencias técnicas para tirar proveito das TIC. Esta nova ferramenta pode axudar ao empresario a escoller o marketplace máis axeitado para o seu negocio. Como se trata dun servizo pensado para axudar a autónomos, emprendedores e PEME dun xeito personalizado, resolverá de xeito individual as dúbidas sobre o uso das TIC que se lle propoñan a cada participante. Tamén de maneira personalizada se lles aconsellarán as ferramentas axeitadas para mellorar a produtividade en cada caso concreto e os participantes recibirán acompañamento especializado durante o proceso de introdución do comercio electrónico.
A xornada desenvolverase en sesións de mañá e tarde o martes, 22 de novembro, no seminario do recinto da Maroma, no que se levará a cabo a presentación da carteira de servizos SmartPEME, para o cal intervirán José Antonio Piñeiro Sineiro (responsable da rede SmartPEME) e José Luís Taboada Fernández (asesor TIC). O resto da xornada adicarase á celebración das xuntanzas individuais dos técnicos cos empresarios, autónomos e emprendedores interesados.
Os interesados en asistir deberán solicitar cita previa para organizar estas consultas, e deberán inscribirse a través da web habilitada, smartpeme.depo.es, ou do teléfono 886 202 020.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?