O anuncio de que WhatsApp compartiría información dos seus usuarios con Facebook causou certo malestar, levando ás autoridades europeas de protección de datos a enviar unha carta aberta a Jan Koum, conselleiro delegado e co fundador de WhatsApp, sobre as súas dúbidas e a súa preocupación pola actualización dos termos de uso do servizo e a política de privacidade que estaba a impor, que supuña un importante cambio no xeito de xestionar a información persoal.
As autoridades solicitaron a información dispoñible sobre o tema e instaban a WhatsApp a cesar no intercambio de datos ata que se confirme que ofrece garantías suficientes, ao que respondeuse asegurando que aínda non se iniciara ningún intercambio de información das contas de usuarios da Unión Europa con Facebook e engadiuse que WhatsApp «non iniciará tal intercambio con Facebook ata que teña a oportunidade de abordar as preguntas e preocupacións expostas».
A Axencia Española de Protección de Datos é unha das entidades (xunto as súas homólogas en Alemaña, Italia e Reino Unido) que iniciou de oficio unha investigación para examinar as comunicacións de datos persoais realizadas entre WhatsApp e Facebook, así como os tratamentos que tal comunicación xera.
Polo momento WhatsApp non compartirá con Facebook os datos de usuarios europeos
Compartir Este Artigo
