Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica Open Future organiza un desafío virtual encamiñado ao turismo e o emprendemento social
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica Open Future organiza un desafío virtual encamiñado ao turismo e o emprendemento social

Redacción
Publicado: 16/11/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

telefonica_granvia-660x350.jpgTelefónica Open Future, o programa global para apoiar o talento dos emprendedores, NH Hotel Group e Acción contra a fame únense para levar adiante o Open Future VR Challenge, a primeira convocatoria para que emprendedores de todo o mundo elaboren solucións de realidade virtual para os sectores de turismo, industria e emprendemento social. A finalidade deste reto é continuar coa estratexia de fusionar o mundo dixital coa industria tradicional, axudando por unha banda ás grandes compañías a dixitalizar a súa actividade coas novas tendencias; e por outra, apoiar e colaborar cos emprendedores para que as súas ideas dixitais atopen saída comercial e financiamento.
Open Future VR Challenge está dirixido non só a startups senón tamén a emprendedores que estean interesados nesta tecnoloxía aínda que aínda non conten cun proxecto concreto. Os participantes seleccionados participarán nun hackathon de 3 días (do 25 ao 27 de novembro) que terá lugar no centro de Crowdworking Gran Vía (edificio Telefónica, Madrid). Durante o proceso, os elixidos coñecerán polo miúdo os retos e formarán equipos de traballo para desenvolver as súas propostas, ademais de recibir asesoramento e formación para que poidan desenvolver as súas solucións. Os equipos terán unha semana para seguir avanzando, logo seleccionaranse os gañadores por un xurado de expertos e representantes das empresas relacionadas co mesmo desafío.
Os gañadores obterán 4 meses de estancia (con posibilidade de renovar outros 4 adicionais) no Crowdworking Gran Vía, cun espazo de traballo de balde, acceso a networking e un programa completo de mentorización xunto a expertos en tecnoloxía, realidade virtual e desenvolvemento de negocio, poderán realizar unha proba piloto xunto ás empresas que colaboran neste reto e amosar o seu proxecto na flagship de Movistar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?