Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega Scio IT revoluciona o mantemento de instalacións inaccesibles coa tecnoloxía SAMLA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega Scio IT revoluciona o mantemento de instalacións inaccesibles coa tecnoloxía SAMLA

Fernando Sarasketa
Publicado: 17/11/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

samla.jpgA empresa tecnolóxica galega Scio IT, da que falamos en Código Cero para salientar a súa participación no proxecto de pesca e navegación intelixente Smarnet, vén de desenvolver unha tecnoloxía directamente encamiñada a velar a distancia polo po funcionamento das instalacións e equipamentos dunha empresa ou entidade. Trátase de SAMLA, plataforma para o mantemento e solución de incidencias que, entre outras moitas cousas, capacita a un operario que estea realizando labores de mantemento recibir soporte en tempo real por parte dun especialista remoto, “exactamente coma se este se atopase fisicamente ao seu carón”. A ferramenta achega un amplo potencial de versatilidade e pode ter aplicación en múltiples empresas, sectores e ámbitos de traballo. O nexo común de todos eles é que conten con instalacións remotas e/ou de acceso complicado.
Segundo lembran dende Scio IT, dispoñermos deste tipo de infraestruturas na nosa organización obríganos a buscar solucións ao seguinte problema: como simplificar, abaratar e facer máis eficientes operacións de diagnóstico, reparación ou mantemento destes equipamentos, tendo en conta que na meirande parte dos casos será preciso o desprazamento de técnicos especializados? SAMLA, informa a empresa, é a resposta á devandita pregunta.
samla-thumb.jpgA tecnoloxía en cuestión integra tecnoloxías de comunicacións, vídeo, trebellos carrexables coma prendas (weareables), computación na nube e software de xestión. Trátase, máis en detalle, dun conxunto de dispositivos integrados que serven para xerar, de maneira simple, unha contorna de traballo cunha rede mallada de comunicación que permite o emprego da tecnoloxía de telepresenza en escenarios industriais, ata o de agora inaccesibles.
A actuación realizada de SAMLA artéllase a partir dos seguintes pasos: primeiro, rexistro da incidencia en SAMLA (o xestor recibe o aviso de avaría); segundo, o xestor asigna a un especialista á incidencia e programa unha cita para a actuación (neste intre xérase un aviso automático para o operario e o especialista); terceiro, o operario desprega a rede e dispón as cámaras e sensores na zona de actuación; cuarto, á hora programada lévase a cabo a intervención dispoñendo do apoio do especialista remoto; quinto unha vez resolta a incidencia o operario e o especialista dan por rematado o traballo. A maiores, a tecnoloxía inclúe unha función para permitirlle ao xestor pechar a xeira de traballo, catalogándose os labores realizados e “alimentando” a base de datos coa información relevante das tarefas levadas a cabo.
samla_logo.jpgSegundo salienta Scio IT, o sistema tamén destaca polo seu carácter funcional (todos os elementos precisos para contactar co técnico de soporte remoto inclúense nunha maleta portátil que serve de estación de recarga e pasarela de comunicación cara aos servidores de SAMLA) e pola súa sinxeleza (o operario desprega unha serie de cámaras e sensores que permiten ao técnico de soporte remoto avaliar, diagnosticar e guiar a reparación).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?