Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG abre a convocatoria para participar no seu quinto certame de postais de Nadal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG abre a convocatoria para participar no seu quinto certame de postais de Nadal

Redacción
Publicado: 17/11/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cpeig_postais_concurso.jpgCo Nadal á volta da esquina a idea de enviar unha postal orixinal para felicitar estas datas comeza a bulir no maxín e o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) tamén se une á este costume e vén de convocar a quinta edición do seu Concurso de Postais de Nadal. O dito certame está encamiñado a nenas e nenos de Infantil ou Primaria, cun máximo de 13 anos de e que sexan familiares das persoas colexiadas. O prazo para presentarse ao certame ábrese o día 17 de novembro e rematará o día 8 de decembro (ás 23:59 h). A postal gañadora será a felicitación oficial do Colexio para estas festas.
E indo ao concurso en cuestión, a técnica a empregar é libre (pinturas, témperas, ceras, collage…), o formato pode ser vertical ou horizontal. As candidaturas enviaranse por correo electrónico ao enderezo habilitado indicando os datos correspondentes (nome, apelidos, teléfono, idade da/o nena/o) e adxuntando a postal dixitalizada en formato jpg ou png, cunha resolución mínima de 300 puntos por polgada. O CPEIG enviará no prazo máximo de 24 horas un correo electrónico confirmando a inscrición da postal no concurso. Os debuxos non poden conter ningún sinal que permita identificar a autoría.
En canto ao xurado, dicir que estará composto por un mínimo de 3 persoas; calquera colexiada/o que non presente candidaturas e así o solicite poderá formar parte do mesmo; valorarase a creatividade e o tema proposto; os membros do xurado descoñecerán a autoría das postais; cada membro do xurado asignará 5, 4, 3, 2 e 1 puntos ás que considere as 5 mellores postais; o traballo que obteña a maior puntuación será o gañador (no caso de empate, a obra gañadora decidirase por sorteo).
A decisión final do xurado farase pública na web do colexio antes do día 12 de decembro, a postal gañadora será a empregada como felicitación de Nadal do CPEIG para 2016 e o gañador ou gañadora recibirá unha tableta de 10 polgadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?