Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Subliñan en o Barco a importancia das TIC no comercio de proximidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Subliñan en o Barco a importancia das TIC no comercio de proximidade

Redacción
Publicado: 17/11/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

obradoiros_emprendemento_creatividade_tecnoloxica.jpgSol Vázquez Abeal, director xeral de Comercio, participou hoxe no Taller de emprendemento e creatividade tecnolóxica organizado en Valdeorras pola Federación Galega de Comercio coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria, salientou a aposta da Xunta polo establecemento do smart commerce, un novo modelo de comercio intelixente que sitúa o cliente no centro da súa estratexia, deixando constancia da importancia da innovación e as TIC para impulsar o comercio de proximidade.
Na xornada tamén interviñeron Ismael Tato, do establecemento local Agroviloira, unha inspectora de Consumo e técnicos de medios de pago e desenvolvemento de negocio.
A presentación do obradoiro correu a cargo do presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e Beatriz Gómez, presidenta da Federación de Comercio de Ourense, que estiveron acompañados por responsables da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e do CCA O Barco.

Smart Commerce

Neste ámbito céntrase o segundo dos retos do Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia. Así, apóstase por incrementar a innovación no sector como un dos factores clave para mellorar a súa posición competitiva, impulsando as vendas en internet e novas fórmulas de comercialización dos produtos, así como de mellora do seu deseño e presentación.
Preto de 150 comerciantes e artesáns da provincia de Lugo benefícianse este ano das axudas por preto de medio millón de euros concedidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria dentro do programa para impulsar o smart commerce e o comercio en liña.
O obxectivo dos obradoiros de emprendemento e creatividade tecnolóxica, que se desenvolven nas catro provincias galegas, é fomentar o coñecemento do novo perfil do consumidor, así como as canles de pago e procesos dixitais e distintas experiencias que amosen fórmulas comerciais de éxito.
Trátase de transmitir información e exemplos de aptitudes e competencias que permitan ao comercio galego responder efectivamente aos desafíos, problemas, oportunidades e cambios que afronta, e achegar medios para que o sector logre a diferenciación e competitividade necesaria a través do emprego de novas canles de promocion e venda, pago, distribución, fidelización e coñecemento do consumidor.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?