Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Balidea pon a punto a web da Oficina de Seguridade do Internauta
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Balidea pon a punto a web da Oficina de Seguridade do Internauta

Redacción
Publicado: 21/11/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

balidea_osi.jpgA empresa galega Balidea vén de desenvolver a optimización e posta a punto do portal web da Oficina de Seguridade do Internauta (OSI) do Instituto Nacional de Ciberseguridad (INCIBE). O labor materializouse, en palabras de Balidea, nunha versión na que prima a marxe de uso a, accesibilidade, a proximidade e a sinxeleza para o usuario. Entre outras melloras con respecto ao anterior, realizouse unha migración completa á versión máis actualizada do sistema de xestión de contidos Drupal. Así mesmo, optimizouse o seu deseño para unha visualización adaptada a todo tipo de dispositivos (computadores persoais, móbiles e tabletas). Tamén se fixeron cambios para “cumprir con todas as esixencias de seguridade requiridas polo INCIBE”.
Segundo nos conta Balidea, o sitio web en cuestión ten unha funcionalidade dupla. Por unha banda proporcionar información e, pola outra, facilitar o soporte preciso para evitar e resolver os problemas de seguridade que poidan existir ao navegar por Internet. Para o primeiro, o espazo dispón dunha parte informativa e instrutiva que fornece datos salientables e consellos sobre “todo aquilo que é preciso coñecer para obter unha protección axeitada cando navegamos: seguridade nos diferentes tipos de dispositivos, na información persoal que achegamos, nas redes Wi-Fi, os tipos de fraude na Internet, etc”. A segunda vertente vén da man dun servizo de axuda e soporte a través do cal os usuarios poden facer todo tipo de consultas sobre seguridade na Rede, así como reportar posibles fraudes. Para facilitar esta colaboración a OSI pon á súa disposición un formulario de contacto e de alta de incidentes, así como un número de Atención Telefónica ao Internauta.
Segundo lembra Balidea, o novo portal da OSI conta tamén cun apartado que ten como obxectivo manter ao día ao usuario en materia de seguridade na Internet. Nel recolle avisos de seguridade relativos a correos electrónicos fraudulentos, campañas de propagación de malware, roubos masivos de credenciais ou contrasinais, fallos de seguridade de ferramentas ou actualizacións importantes de aplicación. Asemade, incorpórase un blog de actualidade con novas sobre a OSI e artigos ao redor de temas destacados sobre novas tecnoloxías e seguridade. Por último, adica unha sección para denunciar casos reais de persoas que foron vítimas dalgún tipo de fraude a través da Rede.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?