Os clientes de R están a recibir hoxe unha notificación por correo electrónico a través da que dan conta dunha nova oferta comercial do operador de telecomunicacións, que estará dispoñible a partires do 22 de decembro, de xeito que os produtos combo, internet R, teléfono R, televisión R e as cotas de liña de móbilR subirán de prezo 1 euros/mes coa excepción da tarifa plana 32, que sube 2 euros/mes, e as tarifas 0 3GB e tarifa R, que manteñen o prezo. Pola súa banda a tarifa 1 mellora o volume de datos incluídos, que pasan de 500 MB a 1 GB.
Dende R lembran que o cambio de condicións no servizo permite que os clientes que non estean conformes poidan darse de baixa sen penalización ata dentro dun mes.
Este cambio de tarifas parece coincidir co remate da migración das liñas móbiles da rede de Vodafone á de Orange, o que supón que finalmente os clientes de R poden gozar de conectividade 4G, aínda que sorprende bastante a suba de prezos cando xa mudaran as tarifas móbiles o pasado mes de marzo, o que supón unha sucesión de subas de tarifas no último ano que dificilmente serán ben recibidas polos clientes da compañía.
R sube o prezo de boa parte das súas tarifas
Compartir Este Artigo
