Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant aposta pola seguridade IoT dende o deseño para crear un ciberespazo mellor protexido
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant aposta pola seguridade IoT dende o deseño para crear un ciberespazo mellor protexido

Redacción
Publicado: 22/11/2016
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

Incidencia dos ciberataques masivos levados a cabo en Estados Unidos o pasado mes de outubro
Incidencia dos ciberataques masivos levados a cabo en Estados Unidos o pasado mes de outubro
O Centro Tecnolóxico Gradiant vén facer un repaso polos principais riscos potenciais de ciberseguridade aos que nos enfrontamos e nos enfrontaremos a curto e medio prazo, riscos que, sinala, van máis alá de simples incidencias ou problemas de doada solución. Segundo fai saber o centro, nun escenario con milleiros e máis milleiros de dispositivos conectados, “moitos dos cales realizan funcións críticas ou extremadamente importantes para as vidas dos cidadáns”, un ataque masivo coordinado “podería ter consecuencias catastróficas”. Neste senso, Gradiant lembra que na actualidade existe unha cantidade importante de analistas que vinculan os ataques a dispositivos IoT (Internet das Cousas) con “terribles consecuencias potenciais no mundo físico”. Tendo en conta estes perigos e co gallo de achegar tecnoloxías que contribúan a un ciberespazo mellor protexido á par que máis accesible e universal, Gradiant estase a converter no gran referente tecnolóxico estatal en materia de seguridade: unha fonte inesgotable de recursos avanzados. Cousas como a adquisición recente da tecnoloxía SHADOW por parte de ElevenPaths (Telefónica) non fan máis que referendar o devandito.
Para expoñer nos seus detalles este escenario de risco potencial, o centro tecnolóxico galego lembra casos como os recentes ataques de denegación de servizo (DDoS) a gran escala que se produciron o pasado mes de outubro: por unha banda o dirixido á páxina do investigador Brian Krebs e, despois, varias ondas de ataques a DYM, que provocaron o “enorme apagamento” de servizos tan populares como Twitter, PayPal, Etsy, Github, Spotify, Shopify, Netflix e incluso PlayStation Network. Estes ataques, que foron obxecto xa de varias investigacións e análises por parte de expertos convocados polo Congreso dos Estados Unidos, serviron entre outras cousas para lembrar ás administracións, ás empresas e aos usuarios TIC en xeral que xa non está en xogo unicamente a seguridade da nosa identidade ou de certos datos persoais, en palabras de Gradiant “están en xogo todos os datos de consumo e comportamento”.
Amais de todo o mencionado, o centro galego fai fincapé nunha realidade actual incontestable: arestora as medidas de seguridade de fabricantes, integradores e usuarios “reveláronse insuficientes, cando non escasamente axeitadas en moitos casos”. Para Gradiant, as causas “son múltiples”, e debidas principalmente a varios factores: por unha banda para os fabricantes o ciclo de deseño, produción e avaliación dun produto é cada vez máis breve, o que en moitas ocasións ocasionou problemas de calidade e seguridade; pola outra, “existe unha grave carencia de especialistas correctamente formados en seguridade para redes e dispositivos IoT, tecnoloxías que se enfrontan, ademais, a problemas de estándares e compatibilidade que provocan que medidas de seguridade aplicables a uns aparellos non sirvan para outros”.
gradiant_deseno_seguridade.jpg Para Gradiant, faise máis necesario ca nunca “apostar pola innovación en IoT dende un punto de vista holístico, xa desde a fase de deseño dun produto, servizo ou solución”. Cómpre, ademais, traballarmos para garantir a seguridade dos dispositivos IoT. En palabras de Juan González, responsable de Seguridade e Privacidade de Gradiant, “no desenvolvemento de dispositivos deben primar prácticas coñecidas como Security by Design”. Ou sexa, os requisitos de seguridade deben formar parte do desenvolvemento desde a fase de deseño. Segundo engade, “neste apartado de traballo deberán establecerse os controis de seguridade que permitan a prevención, a detección, a resposta e, en caso de fallo, a mitigación das consecuencias; por exemplo para evitar ataques de DDoS poderíase limitar, desde o deseño, o ancho de banda máximo que pode chegar a consumir un dispositivo”.
Intelixencia para innovar a Seguridade IoT
O centro galego tamén lembra que “é fundamental” adoptar boas prácticas que permitan previr, detectar e responder de maneira continua a potenciais ciberameazas. Este labor exhaustivo de seguimento é aplicable a múltiples exemplos de malware, por exemplo a ameazas como o botnet Mirai, cuxo código (o código preciso para levalo a cabo) ceibouse varias semanas antes. “É necesario o desenvolvemento de ferramentas automatizadas que permitan extraer datos das fontes axeitadas, como foros sobre hacking, procesar eses datos e xerar intelixencia que permita detectar ciberameazas”, engade o centro tecnolóxico, que explica que “para desenvolver estas ferramentas será imprescindible incidir en tecnoloxías clave, como as de análises de datos ou o Procesado de Linguaxe Natural (PLN), o Machine Learning ou o Deep Learning”.
Gradiant, referente
Como recordaremos, Gradiant está presente en foros e organismos de influencia no ámbito da seguridade e a ciberseguridade a nivel internacional, como ECSO (European Cyber Security Organisation) en calidade de membro fundador; ou RENIC (Rede de Excelencia Nacional de Innovación en Ciber Seguridade).
O percorrido do centro tecnolóxico galego en seguridade está avalado por poñer o desenvolvemento dun gran número de solucións seguras, aplicando os principios de Security & Privacy by Design. Solucións como as baseadas no procesado de datos en dominio cifrado (que permiten realizar análise mentres preservan a privacidade e identidade dos usuarios) que garanten o procesado de datos confidenciais de maneira confiable. Ou, tamén, solucións baseadas en cifrado homomórfico e módulos de seguride hardware (HSMs), que permiten realizar operacións na nube con datos cifrados.
Asemade, Gradiant tamén aplicou a paradigma do IoT (Internet das Cousas) seguro en escenarios reais, nos que a seguridade xoga un papel decisivo. Nesta liña, desenvolve tecnoloxías biométricas baseadas en recoñecemento facial, de sinatura ou de voz. Ademais, o centro traballa en tecnoloxías embarcadas en drons e UAV para evitar, por exemplo, o hackeo dos sinais GPS que guían os vehículos autónomos ou tripulados de maneira remota. Por outra banda, Gradiant tamén recorda que o procesado e a análise intelixente de vídeo que desenvolve permiten “automatizar e simplificar o seguimento e vixilancia en contornas complexas (por exemplo, vídeo vixilancia ou vídeo capturado en tempo real por drons ou UAV).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?