Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CNTG acolle este xoves un foro de emprego organizado polas Lanzadeiras de Santiago, Redondela e Marín
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CNTG acolle este xoves un foro de emprego organizado polas Lanzadeiras de Santiago, Redondela e Marín

Redacción
Publicado: 22/11/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

lanzadeiras_emprego_encontro_telefonica.jpgO Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (o CNTG, con sede en Santiago) vai acoller este xoves 24 de novembro un foro de emprego organizado polas Lanzadeiras de Compostela, Redondela e Marín. Segundo informan, o evento desenvolverase baixo o epígrafe Sinerxías para o emprego e servirá, entre outras cousas, para conectar a setenta persoas desempregadas que participan no programa con empresarios e responsables de recursos humanos. Lembrar que as devanditas palestras laborais, xunto coas de Lugo, Ourense e Arteixo, forman parte da edición galega das Lanzadeiras de Emprego, unha iniciativa da Fundación Telefónica e a Fundación Santa María A Real para impulsar na nosa Comunidade (e no resto do ámbito estatal) a capacitación innovadora e tecnolóxica dos profesionais de cara ao mercado de contratación. A vertente galega do programa ten o apoio da Xunta.
Como recordaremos, as iniciativas de Santiago de Compostela, Redondela e Marín comezaron a funcionar a finais de xuño para axudar a 71 persoas desempregadas a adestrar unha innovadora procura de traballo (colectiva, solidaria, proactiva e con novas ferramentas) “acorde ás necesidades que presentan as empresas hoxe en día”.
Tras varios meses de adestramento e na recta final do programa, os participantes das tres lanzadeiras quixeron sumar os seus esforzos para organizar este xoves o foro de emprego Sinerxias para ou Emprego, co que queren cumprir un triplo obxectivo: darse a coñecer como profesionais cun talento renovado; contactar de forma directa con empresarios e recrutadores; e acadar unha nova oportunidade laboral.
O encontro comezará ás 9:45 horas no auditorio do Centro de Novas Tecnoloxías, e continuará desde as 10 ata as 11:30 horas cos relatorios de Galejobs, Corporación Noroeste e Programa Santander-Yuzz. Logo celebrarase un espazo de networking entre participantes de lanzadeiras, especialistas, empresarios e responsables de recursos humanos, “con obxecto de que poidan conversar e ampliar información sobre os procesos de selección que se organizan a día de hoxe, en que sectores, para que perfís, con que requirimentos e demandas, etc”.
De 12:30 a 13:30 horas, levarase a cabo a mesa redonda Sinerxías para o emprego, que contará coa intervención de varios participantes das lanzadeiras e empresarios locais, moderados por Carla Reyes Uschinsky, presidenta da Asociación de Executivas de Galicia.
O foro chegará ao seu remate a partir das 13:30 horas, coa proxección dos “mellores momentos vividos” e polos logros acadados polas Lanzadeiras de Emprego de Redondela, Marín e Santiago. Falamos de Re[d]lánzate, Red Marín e SCQ Adiante. Minutos despois será o intre da clausura institucional, con representantes da Fundación Telefónica, a Fundación Santa María A Real, o Concello de Marín e a Xunta de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?