Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG formará parte do comité técnico da III edición do Congreso de Cidades Intelixentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG formará parte do comité técnico da III edición do Congreso de Cidades Intelixentes

Redacción
Publicado: 22/11/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cpeig_congreso_cidades_intelixentes.jpgA terceira edición do Congreso de Cidades Intelixentes (Smart Cities) celebrarase a vindeira primavera (26 e 27 de abril) no Espacio La N@ve do Concello de Madrid e a organización corre a cargo do Grupo Tecma Red e o Foro Sectorial de Cidades Intelixentes, amais de colaborar o Consello Xeral de Colexios Profesionais de Enxeñaría en Informática (CCII, nas súas siglas en castelán). A presenza galega está asegurada coa participación do presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e (tamén) vicepresidente do CCII, Fernando Suárez, quen formará parte do comité técnico do congreso como experto.
Dentro do comité intégranse representantes de alto nivel das Administracións públicas, colectivos profesionais implicados, asociacións, organizacións e as institucións máis representativas das diferentes temáticas relacionadas coas cidades intelixentes.
Con este congreso quérese promover o intercambio de coñecemento e experiencias sobre as cidades intelixentes en España, co emprego da tecnoloxía e a innovación como ferramentas base do desenvolvemento.
Os interesados en asistir a este encontro poderán coñecer as últimas novidades e aspectos sociais, tecnolóxicos, estratéxicos, económicos e legais, ademais de iniciativas e proxectos innovadores relacionados coas Smart Cities.
Neste III Congreso de Cidades Intelixentes trataranse diversos temas como: innovación social; mobilidade urbana; eficiencia enerxética; xestión medioambiental; habitabilidade e recursos urbanos; xestión intelixente de infraestruturas e servizos públicos; goberno, economía e cidadanía; seguridade e servizos asistenciais ás persoas; destinos turísticos intelixentes ou illas e territorios rurais intelixentes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?