Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ourense, a EOI e Orange achegan formación TIC de balde aos comerciantes locais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ourense, a EOI e Orange achegan formación TIC de balde aos comerciantes locais

Redacción
Publicado: 22/11/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

computadora_traballando-5.jpgO Concello de Ourense quere propagar a formación tecnolóxica entre o seu tecido comercial, todo co obxectivo de modernizar negocios, capacitar profesionais e incrementar competitividade, marxe de manobra, canles de venda, recursos de promoción e de comunicación con usuarios e clientes. Falamos do programa-plataforma Sé Dixital, que o Concello lanza a través dun convenio de colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI) e Orange España. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, destacou positivamente as oportunidades que se abren coa iniciativa, unha plataforma de balde e aberta para toda a cidadanía e “para o desenvolvemento do tecido económico da cidade”.
Na presentación de Sé Dixital tamén participaron o concelleiro de Emprego e Promoción Económica, Jorge Pumar, a edil de Comercio, Belén Iglesias, o xerente de Relacións Institucionais da Zona Norte de Orange España, Óscar Aragón; e o xefe de Proxectos Estratéxicos da EOI, Javier Moreno.
A proposta Sé Dixital, sinalouse, foi concibida para ser unha reposta útil e real ás demandas de formación TIC dos cidadáns, profesionais e comerciantes locais. Entre os contidos do programa, inclúense os seguintes: Oportunidades para os negocios desde a túa localidade; Tecnoloxía básica para os negocios e a promoción en canles dixitais; Posicionamento online da túa idea para que te atopen desde calquera parte do mundo; Novas formas de financiamento en Internet para poñer en marcha o teu negocio; Consideracións xurídicas básicas sobre propiedade intelectual e protección de datos (Que é legal, alegal ou ilegal en internet?) ou Novas tecnoloxías para mellorar procesos na túa empresa e axudala na súa transformación dixital.
Para formarmos parte de Sé Dixital podemos realizar a inscrición na mesma páxina de seu, sedigitalylanzate.es, ou a través da páxina municipal www.ourense.gal. Orange facilitará as titorías e material preciso, e ao final do curso expedirase un certificado oficial asinado pola EOI. O programa foi desenvolvido noutras cidades de España e xa capacitou dixitalmente a unhas 10.500 persoas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?