Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega Primux lanza app para permitir o uso de smartphones a persoas con problemas de visión
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega Primux lanza app para permitir o uso de smartphones a persoas con problemas de visión

Redacción
Publicado: 23/11/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

img_primux_blind_2.jpgA empresa galega Primux Tech, emprazada na Tecnópole de Ourense e centrada no deseño e desenvolvemento de trebellos electrónicos, vén de lanzar unha aplicación móbil de balde que é quen de crear unha interface nos smartphones que os fai (de maneira automática) accesibles para as persoas con problemas de visión. Segundo salienta Primux Tech, trátase da primeira ferramenta destas características que aparece no mercado. Podemos descargala xa plataforma Google Play para sistemas con Android.
O seu deseño é obra do departamento de I+D+i da compañía, instalado no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole (Ourense), grazas á iniciativa e á colaboración dun usuario con dificultades de visión. “A aplicación”, sinalan fontes da compañía e da Tecnópole, “non só adapta a contorna gráfica dos teléfonos intelixentes e engade novas funcionalidades orientadas a este público, senón que conta cun asistente de voz que lle facilita toda a información ao usuario”.
Polo tanto, a idea era facer doado e real o que para algunhas persoas con certas características de visión, en relación aos novos terminais, era case imposible. Segundo explica Daniel Rodríguez, director executivo da firma galega, cousas “saber canta batería ten o móbil, que hora é ou se hai conexión Wi-Fi e mesmo facer unha chamada pódese converter nun auténtico pesadelo para as persoas con dificultades de visión, pero con Primux Blind, só desprazando o dedo pola pantalla, salta un asistente de voz que facilita todas estas tarefas”.
A creación de accesos directos é outra das características da aplicación, “coa posibilidade de crear listas cos contactos máis habituais ou coas apps que máis se usan”. Por outra banda, os textos aparecen nun tamaño moito maior e os usuarios poden elixir o contraste de pantalla que se adapta mellor ás súas capacidades. A intención última dos responsables desta aplicación é evitar o desembolso que supón adquirir un terminal específico.
Segundo explica Primux, o desenvolvemento da aplicación é “froito dun proceso de innovación aberta”, un proceso que “naceu da demanda que un usuario con problemas de visión lle trasladou á empresa e que logo colaborou estreitamente co equipo de I+D de Primux axudándolle a enfocar adecuadamente as prestacións da nova app”. A empresa salienta que apenas é posible hoxe en día, a nivel europeo, atopar algunha outra ferramenta que xurdise directamente desta marcada vontade social, incluíndo un achegamento tan próximo á realidade do colectivo ao que vai destinada, “e moito menos de balde”.
A intención da compañía con Primux Blind foi aumentar a oferta de aplicacións móbiles gratuítas orientadas a facilitar a accesibilidade e a seguridade no emprego de smartphones “por parte de públicos especialmente vulnerables”. A firma ourensá lembra tamén que finais de 2014 lanzaba Help Launcher, deseñada para facilitar o uso dos teléfonos intelixentes aos maiores, e no verán de 2015 Help Launcher Kids, unha ferramenta de control parental para garantir a seguridade dos máis pequenos á hora de utilizar os seus móbiles.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?