Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica, Ferrán Adrià e Disney crean a primeira app para cociñar en familia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica, Ferrán Adrià e Disney crean a primeira app para cociñar en familia

Redacción
Publicado: 23/11/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

telefonica_disney_ferran_adria_apptucuentoenlacocina480.jpgOnte presentábase no Espazo Fundación Telefónica de Madrid a aplicación móbil de Telefónica O teu conto na cociña, unha ferramenta apadriñada por Disney e un dos chefs máis senlleiros do panorama gastronómico estatal e internacional, Ferrán Adrià. Esta ferramenta nace coa vontade de espallar os hábitos saudables e o feito de cociñar en familia. Indo á aplicación, cómpre dicir que está dispoñible para Android e iOS, ten un prezo de 3,99 euros e forma parte do proxecto multiplataforma que botaba a andar en abril coa presentación do libro interactivo Cóntoche na cociña, que se suma ao libro electrónico, á web, aos espazos televisivos en Disney Channel e ao propio Blog de Ferran Adrià.
O teu conto na cociña, é unha app encamiñada a introducir o mundo culinario e unha nutrición saudable na contorna da familia de xeito interactivo, lúdico, con técnicas de gamificación (adaptación a contornas reais de procedementos propios do lecer tecnolóxico) e personalizado para cada usuario. “Grazas á aplicación”, fíxose saber na presentación, “todos os membros da familia enfrontaranse a retos, xogos e unha gran variedade de receitas con total interactividade”.
A app traslada ao usuario a unha cociña virtual interactiva cun movemento de 360º desde onde accede aos contidos e descubre mensaxes ocultas. Permite tamén personalizar a experiencia, pois achega a posibilidade de engadir ao avatar características físicas para asemellalo ao usuario real.
A aplicación presenta 24 receitas de Ferran Adrià inspiradas nos mundos de Disney, Pixar, Marvel e Star Wars ás cales se accede a través de iconas moi recoñecibles repartidas por toda a cociña 360º. Amais, a aplicación explica a elaboración de cada receita grazas ás ilustracións animadas para converterse nun delicioso prato e nun cómic personalizado.
Esta metodoloxía, creada e desenvolvida por elBullifoundation, denomínase Sapiens e axuda a comprender a cociña desde un enfoque novo e máis amplo.
Para o proxecto global, contouse co asesoramento nutricional do Hospital Universitario La Paz, sumándose a este proxecto Carrefour (como patrocinador) e a Obra Social La Caixa (como colaboradora).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?