Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega Scio IT, recoñecida a nivel estatal polos seus avances en seguridade marítima
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega Scio IT, recoñecida a nivel estatal polos seus avances en seguridade marítima

Redacción
Publicado: 24/11/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

scio_it_premios_prevenga.jpgA compañía galega Scio IT vén de recibir un importante recoñecemento ao seu labor, materializado este en desenvolvementos tan salientables (reflectidos dende a nosa web) como a plataforma SAMLA (plataforma para o mantemento e solución de incidencias en infraestruturas remotas ou inaccesibles) ou GEMA FM (tecnoloxía encamiñada a simplificar a xestión e o mantemento de inmóbeis, permitindo aforros importantes de tempo e diñeiro e apostando por facelo de maneira “sinxela e intuitiva”). O recoñecemento en cuestión veu da man da Asociación de Técnicos Superiores de Prevención de Riscos Laborais (PREVENGA), con sede en Granada. A entidade outorgou a Scio IT o Premio Internacional PREVENGA 2016 na modalidade de Innovación.
O xurado salientou “os esforzos adicados pola tecnolóxica galega á contorna marítima e á seguridade”, con enxeñarías como por exemplo o proxecto S2S Safe to Sea, sistema intelixente que permite localizar a mariñeiros ante situacións de home á auga.
Tamén se destacou o labor da compañía galega en plataformas marítimas off-shore para sistemas TIC, dispositivos de rastrexabilidade de produtos pesqueiros (Calipesca), e Emerbuque, estrutura de evacuación de buques de pasaxeiros en caso de emerxencia baseado na experiencia da Costa Concordia.
Segundo informa a empresa galega, os Premios PREVENGA, que este ano chegan á súa 15 edición, repártense en catro categorías: Individual, Empresa, Innovación e Institucional. Pablo Bermúdez Pestonit, director xeral de Scio IT, foi o encargado de recoller galardón no transcurso dunha gala celebrada a noite de onte en Granada. “Con este premio”, expresou a firma galega, “recompénsase tanto o esforzo realizado no eido da innovación como a traxectoria exemplar da nosa enxeñaría para aumentar a competitividade e achegar unha maior calidade de vida aos cidadáns”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?