Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A terceira edición de Galicia Open Future distingue o pulo innovador de Coinscrap, Fleap e QubioTech
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A terceira edición de Galicia Open Future distingue o pulo innovador de Coinscrap, Fleap e QubioTech

Redacción
Publicado: 24/11/2016
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

galicia_open_future-3.jpgA terceira edición de Galicia Open Future, o centro de crowdworking impulsado por Telefónica e AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) na Cidade da Cultura de Galicia, xa ten gañadores. Os proxectos distinguidos nesta convocatoria, impulsados dende a devandita aceleradora durante os últimos meses, son as novas firmas Fleap, Coinscrap e QubioTech. Como premio, as tres gañadoras recibirán unha axuda de 25.000 euros da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación, coa que poderán continuar o seu desenvolvemento. Ademais, poderán acceder a un préstamo reembolsable de XesGalicia doutros 25.000 euros.
O xurado, formado pola Axencia de Modernización de Galicia (AMTEGA), o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), a Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o equipo de Carteira de Telefónica Open Future, valorou na súa decisión “a innovación, o potencial de mercado e a viabilidade demostrada durante a súa participación no programa”. Tamén foron determinantes outros factores como “o uso de tecnoloxía diferencial, a composición multidisciplinaria do seu equipo e a súa motivación”.

Presentación de Coinscrap na nova edición de Galicia Open Future
Presentación de Coinscrap na nova edición de Galicia Open Future
Coinscrap
Coinscrap é unha ferramenta encamiñada a aforrar e investir en carteiras intelixentes e en base a “uns obxectivos financeiros establecidos previamente”. Achega, en palabras dos seus responsables, “un funcionamento sinxelo e intuitivo”, fornecendo cousas como a posibilidade de redondear ao euro máis próximo cada unha das compras que fagamos co noso cartón de crédito ou débito, e transferindo logo a diferenza a unha conta corrente (ou investíndoa nun seguro de aforro).
O usuario pode acceder ademais en calquera momento ao seu historial de aforro e coñecer a porcentaxe de cumprimento do obxectivo fixado ou modificar, en función das súas posibilidades, as cantidades que destina a este fin. A ferramenta emite tamén alertas no caso de que o usuario se estea desviando do seu obxectivo financeiro e ofrécelle consellos sobre que facer para seguir no bo camiño. A súa principal diferenza con outras solucións do mercado é “que Coinscrap pode ser utilizada con cartóns de calquera entidade bancaria”.
Desenvolvida por David Conde (Pontevedra), Óscar Barba (Ourense), Diego González (Ourense) e Juan Carlos López (Vigo), a versión de aforro desta aplicación móbil estará operativa a finais deste ano, mentres que a de investimento chegará ao mercado en 2017.
Presentación de Fleap
Presentación de Fleap
Fleap
Trátase dun dispositivo que se coloca no pé e permítenos facer seguimento da nosa forma de correr en todo tipo de deportes. O aparello foi creado polos enxeñeiros Alexandre Tornero (Vigo) e Adrián Portabales (A Coruña). A solución ofrece métricas avanzadas sobre impactos, aceleracións, cambios de dirección ou ángulos, ademais de información sobre a distancia percorrida, o ritmo ou a cadencia. Fleap é, ademais, unha aplicación multiplataforma. Deste xeito, a información que fornece pódese visualizar en tempo real a través do móbil ou do smartwatch ou acceder a eles, máis tarde, desde calquera outro dispositivo e lugar, posto que tamén se almacenan na nube.
Presentación de QubioTech
Presentación de QubioTech
QubioTech
Emprazada na Coruña, Qubiotech xorde como unha spin-off dun grupo de investigadores do Servizo de Medicamento Nuclear e Imaxe Molecular do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), apoiado pola Fundación Ramón Domínguez. Desenvolveu IQ-Brain, un software de axuda ao diagnóstico médico encamiñado á detección temperá de enfermidades neurodexenerativas como por exemplo demencia, o alzhéimer ou o párkinson.
Segundo salientan dende Galicia Open Future, “esta solución complementa a análise visual de imaxes e contribúe á realización de diagnósticos máis exactos mediante un algoritmo que ofrece ao médico unha fusión integrada do mapa morfolóxico e funcional do paciente”.
Por outra banda, Q-Brain automatiza a fase de cuantificación de imaxes e fusiona os estudos PET e RM achegando unha imaxe multimodal. Ademais, é quen de calcular as asimetrías metabólicas do paciente facendo unha comparación cunha base de datos de individuos sans, detectando as diferenzas e ensinando ao clínico a súa localización.
Actualmente IQ-Brain utilízase a diario no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, o CHUS. Ao longo da súa andaina xa serviu para analizar máis de 400 pacientes, achegando uns resultados que indican unha mellora no diagnóstico nun 25% dos casos.
Máis de 400 solicitudes en tres edicións
Galicia Open Future recibiu, nas súas tres edicións, as solicitudes de máis de 400 iniciativas emprendedoras de base tecnolóxica. Das 100 seleccionadas nas dúas primeiras convocatorias, a maioría experimentou importantes avances no desenvolvemento do seu proxecto e conseguiu acceder a diferentes oportunidades de negocio, entrando en contacto con novos investidores e clientes, e accedendo, nalgúns casos, a outros programas de aceleración.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?