Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Lanzadeira de Marín debullou o mercado laboral actual perante empresarios locais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Lanzadeira de Marín debullou o mercado laboral actual perante empresarios locais

Redacción
Publicado: 25/11/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

lanzadeiras_marin_encontro.jpgEstes días as Lanzadeiras de Emprego galego son unha importante fonte de actividade: para establecer pontes co tecido recrutador e, tamén, para amosar as principais demandas e problemáticas da nosa poboación en desemprego. Se onte falamos do foro celebrado en Santiago polas Lanzadeiras de Compostela, Redondela e Marín, os días pasados celebrouse outro importante encontro na última destas palestras de empregabilidade. Tratouse dun evento profesional destinado a analizar con empresarios e responsables de recursos humanos “as posibilidades que brinda o mercado actual para atopar traballo e/ou emprender”. A cita contou coa presenza da alcaldesa de Marín, María Ramallo, e de representantes das asociacións locais de comerciantes e da Autoridade Portuaria.
A xuntanza celebrouse na Aula CeMIT de Marín. Participaron, máis en detalle, a Autoridade Portuaria, a Asociación de Empresarios de Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra AEMPE; a Asociación do Centro Comercial Estrella de Marín e o Centro de Coworking Peregrina 25, así como empresas de diversos sectores: Nodosa, Gonvarri, Pinturas Alborada, Peycar, Servizos Eólicos Galventus e Mercadona.
Logo da presentación e a proxección dun vídeo coas actividades que o equipo da Lanzadeira de Emprego de Marín desenvolveu durante estes meses, o encontro proseguiu con tres relatorios: A formación como instrumento de integración laboral, para a conservación de oficios tradicionais e a innovación en novos xacementos de emprego?, a cargo de Enrique Otero, docente do Centro de Formación A Aixola, do Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR); Mercado Laboral: perspectiva actual, competencias máis valoradas e tendencias, por Olalla Mera, responsable comercial de ADECCO Vigo Industrial; e A aventura de emprender: unha alternativa real na procura de emprego; experiencia dunha franquía de Ángel Iglesias, xerente en Vigo de Foot On Mars.
Máis tarde foi a quenda da sesión de coloquio e networking, na que os participantes fixeron contacto cos relatores e cos responsables das empresas, intercambiando experiencias e coñecendo de primeira man cadansúas necesidades.
A Lanzadeira de Emprego de Marín comezou a funcionar a finais de xuño para axudar a unha vintena de persoas desempregadas a adestrar unha innovadora procura de traballo. Trátase dunha iniciativa da Fundación Santa María A Real, a Fundación Telefónica, o Concello de Marín e a Xunta, co co-financiamento do Fondo Social Europeo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?