Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME achega ao tecido empresarial de Tui recursos avanzados sobre TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME achega ao tecido empresarial de Tui recursos avanzados sobre TIC

Redacción
Publicado: 25/11/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

depu_pontevedra_smartpeme_tui.jpgDende Código Cero fomos anunciando o espallamento paseniño do proxecto SmartPEME pola provincia de Pontevedra. Desta volta é a quenda de Tui, onte presentábase no edificio da Área Panorámica da vila a dita proposta (substituta do antigo CPAE 2.0) por parte do deputado de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios. SmartPEME quérese facer un oco entre o tecido empresarial de Tui coa finalidade de introducir novas formulacións en materia de estratexia dixital. Estamos perante un novo modelo de servizo encamiñado á mellora competitiva das Pequenas e Medianas Empresas (PEME), persoas emprendedoras e autónomas na procura dunha mellora nas vendas e nas tarefas, abrindo camiños de actuación para chegar aos e ás emprendedoras, ás asociacións empresariais e aos axentes de dinamización en concellos. Todo iso empregando as Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) e as novas tecnoloxías (redes sociais, comercio electrónico…).
De falarmos de vantaxes, cómpre salientar a estratexia personalizada e a especialización de cada unha das oficinas segundo os sectores máis introducidos no tecido empresarial de cada territorio.
Lembrar que nas oficinas de SmartPEME do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo estanse a pór en marcha as seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores e asesoras, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.
Alén disto, SmartPEME, que serve tamén de punto de unión cos concellos, ofrece axudas ás PEME e persoas emprendedoras e autónomas en aspectos como a elección do market place máis axeitado, un acompañamento durante o proceso de introdución do comercio electrónico, consellos sobre as ferramentas axeitadas para mellorar a produtividade e a resolución das dúbidas sobre as TIC que poidan ter estas persoas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?