Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A presenza da Rede nos nosos fogares con nenos e estudantes é do 90%
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A presenza da Rede nos nosos fogares con nenos e estudantes é do 90%

Redacción
Publicado: 28/11/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

computador_fogar-2.jpgO Observatorio da Sociedade da Información de Galicia (o observatorio OSIMGA, dependente da axencia AMTEGA) publicou un novo informe no que se confirma, unha vez máis, a capacidade da xente nova para normalizar o uso das novas tecnoloxías nos seus ámbitos familiares. Segundo se fai saber no estudo A mocidade e as TIC, a conexión a Internet nos fogares da nosa terra onde hai nenos e estudantes é do 90%. Isto que significa? Pois, sobre todo, que as novas xeracións constitúen unha das grandes canles polas que entramos na Sociedade do Coñecemento: a nosa particular academia tecnolóxica diaria.
Nesta liña, no informe apúntase a que a convivencia con nenos e xente nova dispara a dispoñibilidade de ordenador e ten unha influencia positiva na contratación de Internet. De feito, saliéntase que “a presenza de nenos en idade escolar no fogar incrementa a dispoñibilidade de Internet en 22,6 puntos porcentuais respecto dos fogares onde non conviven con nenos”.
O estudo, asemade, destaca que o uso de ordenador nos últimos tres meses entre os mozos galegos acada ao 91,4% da mocidade galega e supera en 24,5 puntos porcentuais a media autonómica. Por outra banda, a convivencia con nenos en idade escolar tamén fomenta o emprego de computadora (80,5%), superando en 13,6 puntos á media xeral e en 18,5 puntos porcentuais aos fogares onde non conviven nenos.
Por outra banda, o uso de Internet entre os mozos con idades comprendidas entre os 16 e 34 anos é “practicamente universal”, sinálase, engadindo que neste punto dáse unha taxa do 96%. Nun plano máis concreto, o comercio electrónico acada neste treito de idade unha presenza do 45%, cun incremento de 10,6 puntos porcentuais no último ano.
Respecto dos motivos para non contarmos con Internet no noso ámbito familiar, o informe sinala que o principal argumento son “os altos custos, tanto de conexión (57,5%), como dos equipos (49%)”. Nos fogares sen presenza de nenos, o principal motivo para non contratar Internet é “a percepción de que non lles resulta útil nin interesante (68,7%)”. No caso de que no fogar residan mozos estudantes maiores de 16 anos, o motivo principal é que dispoñen de conexión noutro lugar (60,3%), seguido dos altos custos de conexión (51,3%).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?