Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC amosou en Bruxelas a súa experiencia no ámbito dos portos intelixentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC amosou en Bruxelas a súa experiencia no ámbito dos portos intelixentes

Redacción
Publicado: 28/11/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

citic_bruxelas_smart.jpgO pasado 28 de setembro, a Comisión Europea celebrou en Bruxelas un evento dirixido a convocar aos posibles candidatos (empresas, centros de I+D, universidades, administracións) con vistas á vindeira convocatoria europea de Horizonte 2020, o programa da EU para impulsar a investigación e a innovación ata a devandita data. Falamos do encontro Smart, Green and Integrated Transport Info Day, unha xuntanza cuxo obxectivo concreto foi presentar e promover proxectos, así como fomentar a creación de consorcios no marco do Programa de Traballo de Transporte 2016/2017. Entre os participantes no evento atópase o Centro de Investigacións TIC da Coruña, o CITIC.
O CITIC puxo o foco na convocatoria The port of the future, grazas á intervención de Paula Fraga Lamas (investigadora especialista en tecnoloxías e comunicacións) e Lucía Ramos García (investigadora especialista en visión artificial e procesado de imaxes dixitais) en diversas reunións bilaterais. Nelas, deron a coñecer as capacidades e experiencia adquirida polo centro galego en diferentes proxectos de infraestruturas e servizos portuarios intelixentes (SmartPort) nos que participa, co obxecto de establecer novas liñas de colaboración.
Segundo engade o CITIC acerca da cita en Bruxelas, coa finalidade de promover a interacción entre participantes (e a xeración de posibles colaboracións futuras), diferentes organizacións tiveron a oportunidade de presentar as súas propostas de proxectos mediante unha breve presentación oral así como participar en reunións bilaterais. Entre os participantes atopábanse representantes de empresas, universidades e centros de investigación de toda Europa.
O evento foi organizado por ETNA 2020 (European Transport Network Alliance), ENN (Enterprise Europe Network) e INEA (Innovatoin and Networks Executive Agency) e as presentacións, gravación do evento e outra información de interese están dispoñibles na Rede para a súa visualización.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?