Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pontevedra tirou partido das redes sociais para visualizar o berro das mulleres contra a violencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pontevedra tirou partido das redes sociais para visualizar o berro das mulleres contra a violencia

Redacción
Publicado: 28/11/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

concello_pontevedra_campana_redes_vioencia_.jpgO Concello de Pontevedra vén de tirar proveito das redes sociais para visualizar a problemática da discriminación e o maltrato e atallala facendo fincapé na sensibilización entre as novas xeracións, e tamén entre as non tan novas. Esta campaña materializouse con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o venres 25, saldándose ata o de agora con máis de 5.000 comentarios en Twitter e Facebook, máis de 1,5 millóns de contas acadadas e arredor de 4,2 millóns de impactos.
Segundo informa o Concello de Pontevedra, os datos tirados das redes sociais empregadas conclúen que o perfil maioritario das persoas acadadas coa campaña é o de mulleres entre os 24 e 45 anos. Estes datos corresponden aos sete primeiro días de andaina da iniciativa #PrimAcoso. Para o Concello, “os obxectivos están xa acadados”.
Segundo explicou hai uns días na presentación da campaña a concelleira de Igualdade, Carmen Fouces, a iniciativa arrincaba co fin de visualizar “a base da pirámide da violencia”, ou sexa “a longa listaxe de microacosos, pequenas agresións e leves humillacións” que ten que sufrir calquera muller, pertenza á cultura que pertenza e sexa da idade que sexa. A idea foi trasladar á poboación feminina (e tamén á masculina) a idea de que “todas as mulleres están no mesmo barco e que todas senten e sofren nalgún intre”. O terceiro obxectivo foi comprobar cal era a resposta da sociedade (dos homes e tamén das mulleres) fronte ao acto de valentía que supón que as mulleres compartan experiencias persoais de acoso, humillación, discriminación…
A concelleira de Igualdade, Carmen Fouces, engadiu entre outras as seguintes conclusións: “a importancia da reflexión que moitos e moitas fixeron arredor do debate xerado polas denuncias e comentarios en primeira persoa reflectidos nas redes” ou “a preocupación da violencia dos comentarios e respostas de certos homes e tamén mulleres fronte as denuncias do #PrimAcoso e a súa visualización”. Neste último senso, a concelleira lembrou que canta máis proxección social ou repercusión ten unha muller e unha campaña na que ela sexa protagonista, maior é a virulencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?