Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UCGAL informa que as redes aínda non son decisivas na compra de alimentación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UCGAL informa que as redes aínda non son decisivas na compra de alimentación

Redacción
Publicado: 29/11/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

estudo-confianza-dos-grupos-de-distribucion.jpgFai falta un uso máis axeitado e dinámico das redes sociais por parte das empresas de alimentación. Esta é unha das grandes conclusións TIC do segundo Estudo Confianza Establecementos Alimentacións, presentado esta mañá pola Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), froito do labor exhaustivo da organización a longo de catro meses. O informe, no que participaron preto de dous milleiros de persoas (achegando os seus criterios a seguir á hora de facer a compra e elixir unha tenda en concreto), sinala que as publicacións en Facebook dos grupos de distribución “pecan dun exceso de corporativismo”.
A compra en liña e o emprego de redes sociais como fórmulas de comunicación foron incluídos como elementos de valoración xa que UCGAL considera que “irán cobrando un maior protagonismo tanto á hora de facer a compra coma á hora de servir como canle de comunicación entre os grupos de distribución e as persoas consumidoras e como vía para o tratamento de queixas e consultas”. Porén, explica a organización, “polo de agora estas novas canles e plataformas non inciden na decisión de compra ou na elección de establecementos dos consumidores galegos”. De feito, a súa nota é a máis baixa dos quince aspectos a valorar polas persoas que participaron na enquisa.
ucgal_grafica_redes_sociais.jpgNo estudo lémbrase que os nove grupos de distribución analizados contan con plataformas de venda en liña pero a súa marxe de uso “difire de forma significativa”. No que respecta ó uso de aplicacións para dispositivos móbiles, só tres dos grupos (Mercadona, Gadis e Froiz) non contan a día de hoxe con ela, un dato que contrasta cos que esta organización manexaba en 2014 a raíz da primeira edición do estudo, “cando só un deles contaba con esta ferramenta”.
No que atinxe ás redes sociais, a investigación certifica que “os grandes grupos de distribución son plenamente conscientes do enorme poder das mesmas como canle de comunicación”. O estudo sinala que son “especialmente activas” as canles de Twitter “xa que gran parte dos comentarios e queixas das persoas usuarias canalízanse a través desta rede” .
UCGAL tamén comprobou que tras un ano da presentación do Informe 2015 sobre Atención ao Consumidor nos grupos de distribución, só Froiz segue sen ter un perfil nesta rede social. A entidade comprobou igualmente que o uso de Facebook segue a medrar pero considera que “en moitas ocasións as publicación nesta rede social pecan dun excesivo corporativismo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?