Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As universidades e unha ducia de concellos lanzan un concurso para encher YouTube de vídeos en galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As universidades e unha ducia de concellos lanzan un concurso para encher YouTube de vídeos en galego

Redacción
Publicado: 29/11/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

usc_youtubeiros.jpgAs universidades galegas, a través da acción conxuntan dos seus servizos de normalización lingüística, veñen de pór en marcha un certame en liña de vídeos para impulsar a presenza do galego na Rede. Trátase do certame Youtubeir@s, no que colaboran tamén os concellos da Coruña, Ames, Baña, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e o Grove. A idea, amais de fortalecer a vitalidade da nosa lingua na Internet (en xeral) e en YouTube (en particular) é facilitar o traballo en común e o intercambio de coñecemento e habilidades sobre calquera eido ou temática creativa. Ou sexa, cada vídeo autoproducido será en si mesmo unha fonte de información da que poderemos tirar proveito. O concurso foi dado a coñecer este martes no Colexio de San Xerome, en Santiago.
youtubeiros_14908340_1728918344101054_904187485447828502_n.jpgParticiparon a vicerreitora de Servizos Universitarios, Carme Silva, a coordinadora de Youtubeir@s, Mónica Fernández Valencia, a concelleira de Cultura de Teo, María Pilar Pérez Faxil e o concelleiro de Normalización Lingüística de Pontevedra, Alberto Oubiña.
Segundo fixeron saber, Youtubeir@s, concurso de vídeos na rede arrincará este xoves, e o prazo de presentación de vídeos prolongarase ata o 28 de abril. Poderán presentarase persoas maiores de 14 anos que deberán formalizar a súa inscrición en liña. Os vídeos deberán ter unha duración aproximada de 5 minutos, estar licenciados en Creative Commons (licenza libre para podermos botar man de contidos e adaptalos ao tempo que recoñecemos a autoría orixinal), achegarse en galego e estar dispoñibles na rede social YouTube. Segundo engadiron, “quen optar ao concurso, poderá concorrer en dúas categorías: Vídeo-facermos (para videotitoriais que amosen como realizar calquera proceso, dende unha receita ata como instalar un programa informático), e Vídeo-opinarmos (para aquelas propostas que acheguen unha opinión ou valoración respecto de calquera tema)”.
Cada unha destas categorías premiarase cun premio en metálico de 1.000 euros e catro mencións honoríficas de cincocentos euros segundo os criterios de valoración do xurado, composto por profesionais da comunicación audiovisual.
Youtubeir@s ofrece tamén obradoiros formativos para todas aquelas administracións locais que desexen programalos. Estas accións formativas, que se desenvolverán de xeito parello ao concurso, estarán impartidas pola produtora Illa Bufarda.


Vídeo de presentación de Youtubeir@s

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?