Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha unha iniciativa smart para o seguimento e redución de ar contaminado nas cidades: o Proxecto CATCH
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha unha iniciativa smart para o seguimento e redución de ar contaminado nas cidades: o Proxecto CATCH

Redacción
Publicado: 29/11/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

smog_city.jpgCatro empresas galegas referenciais nos eidos TIC e enerxético, amais do Centro Tecnolóxico Gradiant e a USC (entidades colaboradoras), están a impulsar unha iniciativa smart para facilitar o seguimento, o control e a diminución de ar contaminado nas nosas cidades e vilas. Trátase do Proxecto CATCH, polas súas siglas Clean Air Technology CHange, financiado polo programa Conecta PEME da Xunta de Galicia a través de GAIN (Axencia Galega de Innovación) e dotado con 4 Millóns de Euros. Na iniciativa participan Serviguide, 4Gotas, Itelsis, Bahía Software e Plexus. Colabora, amais de Gradiant, a Universidade de Santiago (Grupo de Enxeñaría Ambiental e Bioprocesos). Segundo nos recordan, CATCH céntrase na xestión eficiente de cidades intelixentes, as súas infraestruturas e a protección ao cidadán. E todo mediante o desenvolvemento dunha ferramenta integral de predición, seguimento, control e redución de emisións gasosas, incluíndo gases de efecto invernadoiro (GEI) e partículas contaminantes. Amais disto e de maneira complementaria, outro dos seus obxectivos é reducir o consumo enerxético.
Nun plano máis detallado, o proxecto inclúe a creación dun subsistema para permitir que os xestores de grandes infraestruturas (concellos, grandes empresas, etc) dispoñan de información en tempo real sobre as emisións e consumos asociados aos seus diferentes equipos de demanda enerxética, cuantificando o impacto da súa actividade sobre os parámetros de calidade do aire e sobre a saúde humana e danos ao ecosistema. Con este coñecemento permanente actualizado terán o mellor punto de partida posible para impulsar e aplicar medidas de mellora.
CATCH, a maiores, tamén incorpora outro subsistema para fornecer datos continuos sobre a calidade do ar na contorna das ditas infraestruturas. Esta información provirá de estacións de vixilancia espalladas polo territorio, incluíndo a incorporación de datos abertos (OpenData) para fontes públicas de información e redes propias de medida.
Asemade, o proxecto aplicará tecnoloxía smart para o control de emisións e consumos enerxéticos, integrando algoritmos de vixilancia e regras de toma de decisión que permitan conciliar o aforro enerxético e a protección do medio ambiente e as persoas. Incluirase a capacidade para tele-xestionar e actuar en liña sobre fontes de emisión propias (apagado, cambio de parámetros de funcionamento) a través do seguimento das condicións e ocupación das instalacións e edificios. O sistema, polo tanto, será quen de simular e propor automaticamente novos escenarios (mitigar emisións ou cambios no propio deseño e uso urbano) e analizar ambiental e economicamente a súa posta en práctica. Deste xeito, incorporará a capacidade para elaborar predicións de calidade do ar, lanzar alertas e establecer recomendacións á poboación.
proxecto_catch.jpgPor outra banda, CATCH abranguerá un servizo ao usuario xestor: unha vertente de interacción co usuario que complete a funcionalidade da ferramenta. Tamén incluirá recursos para pór en valor a información xerada, trasladando á cidadanía ou aos técnicos-traballadores dunha administración ou empresa a evolución dos indicadores do sistema, alertas ou recomendacións a través de aplicacións (web e móbiles). En definitiva, permitirase que o cidadán contribúa a mellorar o funcionamento da ferramenta e o seu aproveitamento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?