Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A ESEI e Expourense lánzanse a procurar os mellores traballos de informática e telecomunicación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A ESEI e Expourense lánzanse a procurar os mellores traballos de informática e telecomunicación

Redacción
Publicado: 30/11/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tecnoloxia-3.jpgA ESEI de Ourense e Expourense veñen de convocar a décimo sexta edición do seu Concurso de Proxectos Tecnolóxicos, un certame que ten a finalidade de afianzar as canles entre a investigación feita nos campus nos eidos da informática e as telecomunicacións, por unha banda, e os requirimentos do ámbito empresarial, pola outra. Asemade, lánzase coa finalidade complementaria de contribuír a esvaecer fronteiras de innovación con Portugal. O concurso servirá polo tanto para distinguir aos mellores traballos fin de estudos presentados por alumnado do eido tecnolóxico de ámbalas beiras da raia. O obxectivo final da iniciativa é “pór en valor o talento dos estudantes, impulsando o emprendemento e a competitividade para xerar novas oportunidades de emprego”.
O concurso, que conta co patrocinio da Deputación de Ourense e coa colaboración do IGAPE, tamén se dirixe, en palabras dos seus impulsores, “a sensibilizar ás empresas dos beneficios que lles pode achegar a aplicación da investigación tecnolóxica ao seu proceso de produción, axudando a facela máis competitiva”.
uvigo_proxectos_tecnoloxicos_concurso.jpgSegundo engade a organización, poden participar no certame alumnos e alumnas das universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal en dúas modalidades. A Modalidade A é para títulos de Enxeñaría en Informática, Enxeñaría de Telecomunicación e traballos de fin de mestrado de mestrados oficiais relacionados co terreo das tecnoloxías da información e as comunicacións. A Modalidade B é para títulos de Grao en Enxeñaría Informática, Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación, Enxeñaría Técnica en Informática e Enxeñaría Técnica de Telecomunicación. Tamén haberá un Premio Especial Deputación de Ourense-Provincia Intelixente, dotado con 400 euros, no que poderán participar alumnos e alumnas das dúas modalidades.
En total entregaranse 1400 euros en premios. Os participantes deben cumprimentar un rexistro on line confirmando a súa participación, previamente ao envío físico da documentación, como data límite o 9 de decembro de 2016. Os proxectos deben ser presentados no rexistro da Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense, no Edificio Politécnico.
O acto de entrega dos premios terá lugar nesta escola superior do Campus de Ourense o xoves 15 de decembro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?