Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Policía Local de Lugo contará coas máis avanzadas tecnoloxías de comunicación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Policía Local de Lugo contará coas máis avanzadas tecnoloxías de comunicación

Redacción
Publicado: 30/11/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

concello_lugo_policia_local.jpgO Concello de Lugo vén de amosar os detalles do proceso de renovación da rede de radiocomunicacións dixitais de voz e datos para a Policía Local. Na presentación destes recursos a alcaldesa Lara Méndez salientou que un dos seus grandes piares é o equipamento de novos radiotransmisores, que substitúe unha rede de equipos que xa tiña unha antigüidade de máis de quince anos. Segundo fixo saber, debido “á obsolescencia de dita rede” o Goberno local considerou “unha prioridade” a substitución da mesma por outra “de tecnoloxía avanzada”, dotada con sistema DMR (Digital Mobile Radio), para a comunicación dixital. A idea esta renovación foi “dar un paso máis na seguridade e garantir unha comunicación real entre axentes, favorecendo a coordinación óptima de accións, a interconexión co Concello dende calquera recanto e a supresión de zonas de sombra de coberturas telefónicas”.
O novo equipo de comunicacións está integrado por 150 equipos portátiles para os axentes, móbiles para vehículos e motocicletas, e fixos para a a sala de control e infraestruturas. Segundo indicaron a alcaldesa e os responsables da Policía Local de Lugo, as tecnoloxías postas en xogo suporán “unha serie de melloras ao favorecer o cifrado das comunicacións”, garantindo desta maneira a confidencialidade das transmisións e a protección dos datos transmitidos, “tanto en situacións ordinarias como en casos de emerxencia”.
Asemade, engadiron que a rede contrólase e adminístrase dende a sala do 092, e permite a xeolocalización de todos os terminais en tempo real. Tamén salientaron, nun plano máis concreto, que o novo sistema permite o envío e recepción de mensaxes de texto (así como conexión coa rede telefónica ordinaria), minimiza os problemas de cobertura (os repetidores abranguen o territorio municipal con calquera tipo de equipos) e posibilita o seguimento remoto de sensores e radioalarmas. Ademais, explicaron, os terminais portátiles contarán con medidas de protección en materia de golpes, caídas e protección contra a auga, amais de permitir funcións de chamada xeral, individual de grupos, ou mesmo a función de “home morto” (en caso de permanecer moito tempo en posición tumbado). Por outra banda, o sistema é quen de rexistrar todas as posicións e percorridos dos equipos, e represéntaos mediante planos e mapas.
concello_lugo_premio_smart_city_accesibilidade.jpgRecoñecemento a Lugo Smart City polo seu compromiso pola accesibilidade
Noutra orde de cousas, informar que o Concello de Lugo vén de acadar un importante recoñecemento polo seu proxecto de cidade intelixente, o proxecto Lugo Smart City, do que falamos polo miúdo este pasado verán para salientar os seus orzamentos (4,1 millóns) e algúns dos seus principais obxectivos: máis participación cidadá nos procesos administrativos, máis eficiencia nos servizos públicos a través das TIC, máis transparencia (Portal de Transparencia), máis accesibilidade, mellor xestión dos refugallos e mellor xestión do tráfico e dos aparcamentos. O recoñecemento do que falamos, unha mención especial por Lugo Smart City, veu da man dos organizadores dos premios europeos de accesibilidade (Access City Award). O motivo: o compromiso da cidade da Muralla por “crear unha cidade accesible para toda a cidadanía sen consideracións de idade”.
O voceiro municipal, Miguel Fernández, recolleu a distinción este martes na cerimonia de entrega de premios, que tivo lugar en Bruxelas. Segundo lembra o Concello, Lugo era a única cidade estatal que optaba a ditos premios, que recompensan aos municipios de máis de 50.000 habitantes polo traballo en materia de accesibilidade. Xunto coa urbe galega, as cidades finalistas eran as de Alessandria, en Italia, Funchal, en Portugal, Jürmala, en Letonia, Róterdam, en Holanda, Skellefteå en Suécia, e Chester, no Reino Unido, quen gañou este premio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?