Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Movistar ordena por parámetros de accesibilidade o seu catálogo de smartphones e tabletas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Movistar ordena por parámetros de accesibilidade o seu catálogo de smartphones e tabletas

Redacción
Publicado: 30/11/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

infografia_dispositivosaccesibles480.jpgMovistar vén de anunciar que comeza a clasificar os seus dispositivos móbiles en España por criterios de accesibilidade. Este proceso, que forma parte dun proceso máis amplo (a súa transformación cara a “unha compañía de telecomunicacións sen barreiras”), será efectivo a partir deste 1 de decembro. Isto significa que os aparellos móbiles incluídos na oferta de Movistar van comezar a dispoñerse tendo en conta sete tipos de interaccións. Estes son: visión baixa ou nula, audición baixa ou nula, dificultade moderada ou severa para a manipulación e dificultade para a comprensión. A compañía pretende “achegar a revolución dixital a toda a sociedade e contribuír a que as tecnoloxías melloren a vida de todos, dotándolles da autonomía necesaria para realizarse plenamente como persoas”.
Segundo salienta Movistar, a idea foi ordenar en base a conceptos e parámetros de utilidade o extremadamente diverso panorama actual de móbiles, “con todo tipo smartphones e tabletas con distintos sistemas operativos”. Estes aparellos, por mor das súas semellanzas evidentes poden levar aos usuarios á idea de crer que comparten todas as súas funcionalidades, pero a verdade é que “inclúen diferenzas que poden supor importantes atrancos para algunhas persoas”, sinala Movistar. Por esta razón, a operadora quere achandar e simplificar a busca do smartphone e a tableta máis axeitados para un cliente cunhas demandas determinadas. Deste xeito, Movistar identifica cunha icona doada de interpretar cada un do sete casos de uso máis habituais, “de tal maneira que calquera persoa que queira mercar un móbil pode atopar con facilidade o máis acaido para as súas características e demandas”. O único que teremos que facer é irmos á canle online da oferta de Movistar e seleccionarmos a icona ou iconas correspondentes. De contado, obteremos a relación de dispositivos que máis se axusta ás nosas necesidades.
Movistar, que anuncia esta iniciativa en vésperas do Día Internacional das Persoas con Discapacidade (o 3 de decembro), xa incluíu esta información no 50% do seu catálogo. Para isto, contou coa axuda de Fundación ONCE, socio de referencia de Telefónica, que realizou o labor de asesoramento na experiencia de uso de cada dispositivo, así como coa colaboración dos fabricantes (Huawei, LG, Samsung e TCL Communication), que cederon os seus terminais para que o ONCE fixese o seu traballo. Ademais, Telefónica seguirá traballando cos fabricantes e provedores de sistemas operativos para mellorar a accesibilidade dos seus terminais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?