Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dous mozos galegos, finalistas na segunda edición do concurso Blue BBVA Challenge
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dous mozos galegos, finalistas na segunda edición do concurso Blue BBVA Challenge

Fernando Sarasketa
Publicado: 01/12/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Os integrantes do grupo Entertaining
Os integrantes do grupo Entertaining
Temos notable presenza galega entre os finalistas da segunda edición do desafío Blue BBVA Challenge que impulsa a devandita entidade bancaria para procurar entre os novos desenvolvedores e emprendedores os elementos que constituirán as cidades do futuro. Segundo informa a banca, esta pasada fin de semana elixíronse na cita Challenge Day as dúas ducias de mozas e mozos universitarios (entre mil candidaturas) que pasarán, constituíndo cinco grupos, á fase final do certame. Pola nosa terra concorrerán neste último chanzo do concurso os galegos Roi Vázquez (dende A Coruña e formando parte do proxecto Entertaining, que ten como obxectivo aproveitar o tempo que pasamos no transporte público) e Gloria Jorge (dende Santiago de Compostela e pertencendo ao proxecto City Thinkers, baseado na orientación laboral para mozas).
Segundo informa BBVA, os grupos que participaron no Challenge Day contaron con dous minutos para “convencer” e “engaiolar” a un xurado composto por especialistas en transformación dixital, mercadotecnia e emprendemento. Finalmente, cinco grupos de estudantes lograron pasar á seguinte fase, na que recibirán varios módulos formativos. Máis adiante, na primavera, defenderán o seu proxecto final e o mellor grupo será recoñecido cunha viaxe a Berlín, onde terán a oportunidade de coñecer o tecido emprendedor novo desa cidade e completarán o seu desenvolvemento formativo”.
As iniciativas finalistas, unha a unha, son as que citamos a continuación.
1. Eco-stop: reinventando as marquesiñas de autobús. A idea é aproveitar os espazos urbanos que non están a fornecer o potencial que acubillan, como é o caso das marquesiñas. O equipo propón incorporar cobertura vexetal no teito (brión), que funcionaría como illante térmico. Ademais, o proxecto abrangue a colocación de pedais debaixo dos asentos. O alicerce disto é que poidamos, mediante o pedaleo, xerar enerxía para cargarmos o móbil, conectarnos ao Wi-Fi ou simplemente quentar o asento.
2. Civic, unha plataforma que premia aos cidadáns cívicos. A base desta iniciativa é promover nas cidades un comportamento que, malia o que se poida pensar, non está tan presente nelas como se cre: o civismo. O proxecto inclúe unha aplicación móbil e unha plataforma web que permite ao cidadán conectar, de maneira simple, cos servizos de emerxencia, ou ben reportar unha incidencia na cidade (mobiliario roto, atrasos no transporte, etc.). A iniciativa incorpora recursos de xeolocalización e gamificación, mediante os cales, informarmos de incidencias fai que o noso perfil vaia sumando puntos para acadarmos descontos en produtos e servizos, que serán mellores canto máis suba o nivel de civismo.
As rapazas que integran o grupo do proyecto City Thinkers
As rapazas que integran o grupo do proyecto City Thinkers
3. Power Step, o valor da enerxía cinética. O proxecto abrangue contempla a colocación, en lugares con moito tránsito, de baldosas feitas cunha tecnoloxía que é capaz de transformar os pasos dos transeúntes en enerxía cinética.
4. Entertaining: como aproveitar o tempo que pasamos no transporte público. O grupo de estudantes responsable desta iniciativa ideou un proxecto para aproveitar o tempo que moitos cidadáns pasan a diario nos trens de proximidade. Propoñen enchelo con espazos colaborativos, que se situarían no último vagón, onde os viaxeiros poden aprender cousas novas, como idiomas, música, etc. A conexión de intereses faríase con algunha plataforma informática ou aplicación, e mesmo como complemento a plataformas xa existentes.
5. City Thinkers, orientación laboral para mozas. Este proxecto nace da vontade de achegar orientación ás mulleres que veñen de rematar a carreira acerca dos estudos de posgrao e do mundo laboral. Trátase, pois, dunha plataforma que conecta a estudantes con traballadores, que orientan aos recentemente titulados sobre as posibilidades do mercado laboral, para poder elixir mellor os seus estudos de posgrao.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?