Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O alumnado galego luciu técnica e creatividade no certame Mecano de robótica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O alumnado galego luciu técnica e creatividade no certame Mecano de robótica

Redacción
Publicado: 01/12/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

udc_competicion_robots_mecano_ferrol.jpgO Campus Industrial de Ferrol (na Facultade de Humanidades e Documentación) acolleu este martes 29 a gran final certame de robótica Mecano, logo dun mes de obradoiros e de competición en si mesma. No concurso participaron máis de 120 alumnos de segundo curso de Bacharelato de cinco centros galegos: IES Fene, IES Otero Pedrayo, de Ourense; IES Lucus Augusti, de Lugo; IES Francisco Asorey, de Cambados e IES A Pinguela, de Monforte de Lemos. Segundo lembra a Universidade da Coruña, o concurso incluíu nas semanas previas diversos obradoiros impartidos por técnicos do Campus Industrial, actividades que serviron para introducir ao alumnado na vertente técnica e software da robótica e da tecnolóxica. O obxectivo: axudar aos estudantes a preparar un proxecto baseado na construción e deseño dun robot e na definición das potenciais utilidades que pode ofrecer o mesmo. Os robot resultantes foron o miolo da recta final do concurso.
Segundo nos conta a organización, os días 22 e 28 de novembro comezou a competición propiamente dita a través da páxina oficial do concurso en Facebook, onde os diferentes institutos penduraron un miúdo vídeo explicativo do seu proxecto presentando o seu enxeño tecnolóxico e facendo unha pequena demostración das súas funcionalidades.
Nesta primeira fase do concurso achegouse puntuación tendo en conta os gústame que os seareiros do certame deron aos diferentes vídeos, un total de 3.751 likes, sendo o IES Fene o que máis apoios tivo, seguido do IES Francisco Asorey, de Cambados, do IES Otero Pedrayo, de Ourense, o IES Lucus Augusti, de Lugo e do IES A Pinguela, de Monforte. O alcance obtido a través de Facebook foi de 96.844 usuarios, con máis de 22.517 interaccións, xerando máis de 36.000 reproducións entre todos os vídeos.
Todo devandito (formación, enxeños, puntuacións obtidas) constituíu o alicerce da gran final deste martes, na que os diferentes presentaron os seus proxectos ante o xurado. O IES Fene deu a coñecer o seu robot baseado en servizos humanitarios e sociais. O IES Francisco Asorey fixo o propio cun enxeño para recoller e servir menús de comida. O IES Otero Pedrayo, pola súa banda, amosou o seu “robot espía anti-crime” e o IES Lucus Augusti unha tecnoloxía avanzada para recoller neve. O IES A Pinguela expuxo o seu proxecto baseado no bufet libre para comensais.
Finalmente, e logo dun proceso moi igualado que amosou, en palabras da organización “un alto nivel técnico e creativo”, o ES Fene fíxose coa primeira edición do Concurso Mecano, seguido moi de preto polo resto dos centros galegos.
Concurso Mecano
O concurso Mecano é unha actividade promovida polo Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña que ten como obxecto estimular a creatividade, o traballo en equipo e achegar o mundo da enxeñaría e a tecnoloxía aos estudantes do último ano dos institutos galegos a través da construción e a programación dun robot. Esta iniciativa forma parte da estratexia de aproximación do Campus Industrial de Ferrol para que o alumnado de Bacharelato de Galicia teña unha visión “máis próxima das potencialidades da oferta académica universitaria, desde a perspectiva da tecnoloxía e a enxeñaría”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?