Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Clúster TIC celebra a súa Asemblea Xeral Extraordinaria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Clúster TIC celebra a súa Asemblea Xeral Extraordinaria

Redacción
Publicado: 01/12/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cluster_tic_mar_pereira.jpgEsta mañá celebrouse a Asemblea Xeral Extraordinaria do Clúster TIC Galicia, cita aproveitada para presentar casos de éxito e difundir o labor que desenvolven as empresas sociais dentro e fora de Galicia, contando coa directora da AMTEGA, Mar Pereira, durante a apertura da xornada, onde destacou que o sector tecnolóxico galego ten demostrado a súa capacidade para abordar, tanto a dixitalización de servizos públicos como a de sectores estratéxicos da economía. Subliñou que no último ano o sector xerou en Galicia 1.200 novos postos de traballo e incrementou nun 4% o número de empresas.
Pereira apelou á creatividade e a capacidade de innovación do sector para afrontar os retos tecnolóxicos que ten Galicia por diante e que están recollidos na Axenda Dixital de Galicia 2020 e indicou que a Comunidade está en disposición de afrontalos grazas o traballo conxunto realizado coas actuacións da primeira Axenda Dixital de Galicia 2014.gal. En total, serán máis de 3.000 millóns de euros público-privados entre 2009 e 2020 investidos en iniciativas para a transformación dixital de Galicia.
cluster_tic_javier_aguilera_e_del_corral2.jpgXa na clausura foi o director do IGAPE, Javier Aguilera, quen recoñeceu o labor que está a desenvolver o Clúster TIC para facilitar a incorporación de solucións tecnolóxicas a empresas doutros sectores, destacando o papel primordial reservado para o sector TIC para o impulso do tecido empresarial galego.
O director do IGAPE lembrou a colaboración desenvolvida polo IGAPE e o Clúster TIC para a elaboración dos Plans Sectoriais elaborados para impulsar a implantación da Industria 4.0 nos sectores agroalimentario, da madeira e téxtil, no marco dunha iniciativa que, manifestou, está chamada a servir de panca para implantar a fábrica intelixente en empresas deses e doutros sectores estratéxicos.
cluster_tic_javier_aguilera_e_del_corral.jpgOs Plans Sectoriais elaborados analizan polo miúdo o potencial e as necesidades de mellora competitiva que as TIC poden achegar ás empresas galegas dos sectores avaliados en materia de conectividade, dixitalización, big data e a internet das cousas. Os tres sectores obxecto do informe, sumados ao eido TIC, teñen uns destinatarios directos de preto de 9.000 empresas.
Entre as conclusións xerais destes estudos, en boa medida aplicables a outros sectores, Aguilera referiuse á necesidade de impulsar a hibridación sectorial; á especialización con solucións TIC específicas para cada sector; á cooperación para crear alianzas estratéxicas; e o pensamento global, deseñando produtos que poidan ser exportados.
Logo de lembrar que a incorporación de solucións 4.0 ou de dixitalización ás PEME é igualmente o obxectivo do programa ReAcciona TIC, impulsado conxuntamente polo IGAPE e AMTEGA, Aguilera subliñou o labor das empresas TIC neste eido e defendeu que a dixitalización debe estar presente en todos os sectores estratéxicos galegos. Neste sentido, afirmou que o sector TIC debe ser un dos pilotos que guíen o tecido empresarial galego no seu percorrido cara á Industria 4.0.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?