Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores galegos botan o que sería o primeiro buque autónomo desenvolvido en territorio estatal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores galegos botan o que sería o primeiro buque autónomo desenvolvido en territorio estatal

Redacción
Publicado: 02/12/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_buque_autonomo.jpgA ría de Vigo acolleu esta semana a presentación do que sería, en palabras dos seus creadores, o primeiro barco autónomo robotizado creado no ámbito estatal e o máis grande de Europa dentro das súas características. A botadura do buque Victoria (que ten doce metros de escolar e pesa catro toneladas) celebrouse este xoves en Bouzas e nela participaron os responsables do proxecto Ulises, do que xorde precisamente Victoria a xeito de prototipo: Industrias Ferri, o Grupo de Deseño e Automatización de Sistemas Avanzados (DASA) da Universidade de Vigo e o Centro Internacional de Métodos Numéricos en Enxeñaría (CIMNE). O obxectivo desta iniciativa é deseñar a probar a tecnoloxía precisa para “converter calquera embarcación nun vehículo marítimo autónomo e robotizado, que poida navegar sen tripulación e ser controlado na súa integridade a distancia”. Victoria servirá polo tanto para probar as ditas innovacións e corrixir e mellorar os sistemas.
Neste proxecto Industrias Ferri encárgase da integración completa do barco, CIMNE da estación de terra e a Universidade de Vigo, a través do grupo DASA dirixido polo profesor Fernando Vázquez, da robótica, control e intelixencia artificial. Asemade, participa a firma galega de novas tecnoloxías Imatia, subcontratada por Ferri para desenvolver o software de rexistro de datos da embarcación.
uvigo_buque_autonomo_presentacion.jpgUn dos obxectivos dos investigadores é que “a tecnoloxía que se testa neste barco piloto se poida integrar en calquera embarcación, sexa un petroleiro ou unha lancha de salvamento”, sen necesidade de construír unha nova e específica. Segundo sinalou Ferri, a idea non é tanto funcionar como unha empresa estaleiro, desenvolvedora de buques, senón coa finalidade de fornecer aos clientes da posibilidade de robotizaren un barco. O proxecto, engadiron os responsables de Ferri, está enfocado a tarefas de vixilancia, por exemplo, en campos petrolíferos, campos eólicos offshore ou para prevención de furtivismo, inmigración ilegal, etc.

Os integrantes do Grupo DASA da Universidade de Vigo
Os integrantes do Grupo DASA da Universidade de Vigo
Ricardo Samaniego, investigador do grupo DASA, explicou que o barco autónomo dispón dun láser en 3D semellante ao que emprega o coche de Google para recoñecer a contorna e evitar obstáculos. Ademais, sinalou, esta tecnoloxía está integrada con cartas náuticas para ter o perfil das costa, rochas, baixíos, zonas de navegación prohibida, etc. Este vimbios servíronlle aos responsables do proxecto para dar forma a un sistema de localización “máis moderno” cós que se usan decote nos buques e que se une a outros recursos avanzados como un sistema de cálculo de rutas, un sistema de seguimento, un de navegación reactiva que permite reaccionar ante obstáculos inesperados como un barco en ruta ou unha batea, etc. Precisamente o sistema de cálculo de ratos sitúase, en palabras dos seus creadores, entre o máis vangardista do buque, xunto co sistema de navegación. Este foi concibido para cumprir co estipulado no RIPA, o Regulamento Internacional de Prevención de Abordaxes, unha normativa de gran complexidade deseñada para ser comprendida e seguida por navegantes “humanos” e que, segundo engaden os investigadores deste proxecto, desta volta tivo que ser adaptada (con todos os detalles que isto implica) á “mente” dun robot.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?