Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Conexiona sitúa un colexio de Madrid na vangarda dos centros docentes smart europeos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Conexiona sitúa un colexio de Madrid na vangarda dos centros docentes smart europeos

Redacción
Publicado: 05/12/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

conexiona_colexio_apostolo_2.jpgA nosa tecnoloxía segue a estender múltiples ramificacións alén do ámbito galego: no empresarial, no institucional, no social, no sanitario e no educativo. Precisamente no eido docente é onde a firma galega Conexiona vén de acadar un fito importante na súa traxectoria. En termos máis concretos, foi quen de rematar a inmotización (domótica para inmóbeis de envergadura) do Colexio San Pedro Apóstolo de Madrid. Isto, como veremos, implica para comezar dúas cousas fundamentais: que o dito centro escolar xa pode ser cualificado como centro escolar smart por dereito propio, e que, en palabras de Conexiona, sería o primeiro do ámbito estatal en acadar a domotización integral de todos os seus elementos e infraestruturas.
Segundo nos conta a firma en cuestión dende a súa sede Ourense (Tecnópole), o dito colexio é a día de hoxe “o centro escolar máis eficiente e intelixente de España grazas á automatización de todas as súas instalacións, desde o alumeado ata a climatización, pasando polas piscinas, as caldeiras, as augas residuais, o equipamento das cociñas e os sistemas de incendios, seguridade e vídeo-vixilancia”.
Conexiona levou a cabo este proxecto botando man da tecnoloxía iPlace, un sistema de seu desenvolvido totalmente nas súas instalacións da Tecnópole e destinado a permitir o automatizado e o seguimento continuo e en tempo real de todos os dispositivos eléctricos e electrónicos dun inmóbel, sexa cal sexa o seu tamaño e características. O resultado da aplicación do devandito sistema ao centro escolar madrileño foi, para comezar, a consecución dunha ampla marxe de sustentabilidade. Así nolo explica José Antonio Losas, director de TI de Conexiona: “Ademais de permitir un elevadísimo grao de eficiencia enerxética, comprobamos no colexio que o sistema facilita enormemente os labores de mantemento ao estar todos os dispositivos en seguimento e control de xeito continuado, o que supón un aforro moi considerable”.
conexiona_colexio_apostolo.jpgSegundo explican dende a firma galega, o colexio (en activo dende 2014) investiu máis de 2,5 millóns de euros neste sistema, coa expectativa “de amortizalos en pouco tempo cos diversos aforros que se derivan da súa posta en marcha”. O centro está situado en Barajas, onde, segundo engade Conexiona, dáse unha elevada oscilación térmica entre estacións (invernos moi fríos e veráns moi cálidos) e mesmo entre as diferentes horas do día. Isto, explica, fai precisa “a incorporación de sistemas de climatización moi eficientes”. A tecnoloxía iPlace, neste senso, posibilita controlar e regular a temperatura en cada estancia de xeito independente.
Á marxe da eficiencia enerxética, integrouse no sistema o control de accesos ao colexio. “Coa incorporación do vídeo-porteiro en iPlace”, engade Conexiona, “todo o persoal do edificio pode operar a porta, mediante a interface web ou a aplicación móbil, accesible tanto desde iOS como Android”. A isto cómpre engadir a posibilidade de optimizar o acceso mediante dispositivos de radiofrecuencia para aumentar a seguridade.
O sistema ocúpase tamén da xestión da piscina e das augas residuais, todo desde a mesma plataforma que as utilidades relativas á enerxía e ao control de accesos. “Este detalle de integración simplifica os procesos e permite activar un plan de mantemento preventivo, supoñendo un aforro de custos a maiores”, conclúe a empresa galega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?