Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os máis pequechos xa poden ver nos móbiles os seus debuxos favoritos grazas á app Xabarín TVG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os máis pequechos xa poden ver nos móbiles os seus debuxos favoritos grazas á app Xabarín TVG

Redacción
Publicado: 05/12/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

crtvg_app_bolechas_culturgal_rosa_vilas.jpgA Corporación da Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) lanzou a semana pasada unha nova aplicación, Xabarín TVG, unha ferramenta que (como indica o seu propio nome) vai dirixida aos máis pequenos da casa e, máis en detalle, a facer posible que vexan os seus contidos favoritos (os de Xabarín Club) en teléfonos móbiles e máis tabletas. A ferramenta foi dada a coñecer na presentación da nova entrega de Culturgal en Pontevedra, por parte da directora da Televisión de Galicia, Rosa Vilas.
xaba_screenshot_20161205-130246.jpgSegundo fixo saber, a iniciativa é unha adaptación do Xabarín Club aos novos xeitos de ver contidos por parte dunha xeración, a das nosas nenas e nenos, que é “completamente dixital”. Tamén salientou que se trata da única aplicación para a rapazada con series e programas de debuxos “exclusivamente” en lingua galega. Series tan salientables como por exemplo Os Bolechas, Fish and Chips, Cocorico, Caracois, A tropa de trapo, A vaca Connie ou Raa Raa.
xaba_screenshot_20161205-130322.jpgA ferramenta móbil, dispoñible para Android e iOS, ofrécenos a posibilidade de seleccionarmos os contidos en función da idade das nenas e nenos ou das preferencias que como pais consideremos axeitadas. Ademais, permite ver os debuxos en streaming Wi-Fi e 3G, e é compatible con Air Play/Apple TV. A idea é que os máis pequenos poidan visualizar “os seus debuxos favoritos en calquera lugar e a calquera hora do día. Xabarín TVG é a quinta aplicación para dispositivos móbiles lanzada pola Televisión de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?