Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAGC lévanos da man ao noso futuro nas TIC cun congreso de catro xornadas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAGC lévanos da man ao noso futuro nas TIC cun congreso de catro xornadas

Fernando Sarasketa
Publicado: 07/12/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

computadora_mans-2.jpgA vindeira semana temos unha cita para subliñar na axenda. Trátase da celebración, entre o 12 e o 15 de decembro, dos XIX Avances en Ciencia e Tecnoloxía, baixo un epígrafe que fala por si só do seu interese e da importancia que se dan ás TIC no seu programa: Tecnoloxías da Información e das Comunicacións: O Futuro xa chegou. O evento vén da man da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e desenvolverase no salón de actos da Confederación de Empresarios de Galicia, no número 54 da rúa Vilar en Santiago. O ciclo, que contará coa presenza dalgúns dos principais expertos galegos en materia tecnolóxico-dixital, diríxese como dixemos a pór de relevo a importancia das TIC e a amosar os camiños para extraérmoslles o máximo partido.
Segundo avanza a organización, as “novas tecnoloxías teñen carácter horizontal e invádeno todo, desde a Administración e todo tipo de institucións, pasando polas empresas grandes e pequenas, ata os traballadores autónomos e os cidadáns mesmos”. Polo tanto, engade, “a súa incidencia no desenvolvemento socioeconómico é determinante nun país que pretenda ter un sistema produtivo moderno e sustentable, baseado no coñecemento”.
Nun plano máis concreto, o congreso porá de relevo tres grandes desafíos para converter Galicia nun polo de desenvolvemento dixital: a produción de tecnoloxía (dende os centros tecnolóxicos e de I+D e as empresas e a súa transferencia ao sector produtivo, “o que pode e debe xerar actividade empresarial e económica”); a prestación de servizos á Administración, ás institucións, ás empresas e aos cidadáns (“a cal ha de xerar igualmente actividade empresarial económica e benestar social”); e por último a prestación de capital humano cualificado (“indispensable”, en palabras da organización do evento, “para que se poida levar a cabo o desenvolvemento e a implantación das TIC”).
Coa celebración deste ciclo preténdese, en palabras da RACG, “incidir na realización de actividades e iniciativas culturais orientadas a súa divulgación e coñecemento social, tendo como finalidade apoiar a diversidade cultural lingüística, promover a inclusión da perspectiva de xénero nas liñas de actuación e fomentar o coñecemento dos fitos e dos avances sociais relevantes na historia da cultura, a arte e o pensamento político e social en Galicia”.
O ciclo vai dirixido a unha audiencia especialmente ampla: estudantes, doutorandos e investigadores, en particular do ámbito das TIC e afines, profesionais e directivos de empresas e administracións públicas, así como persoas alleas ao mundo das TIC “pero con interese ou simple curiosidade polos temas abordados”.
O ciclo componse de catro conferencias e catro mesas de diálogo e intervirán personalidades expertas no tema. A inscrición é de balde a través da www.ragc.gal e recibirase un certificado de asistencia. A apertura do ciclo correrá a cargo do vicepresidente da CEG, Antonio Fontenla Ramil; do presidente da RAGC, Miguel Á. Ríos Fernández e do coordinador do ciclo, o profesor Senén Barro Ameneiro. Polo ciclo pasarán, entre outros, Alberto Bugarín (CITIC, USC), Tino Fernández (presidente de Altia), Antonio Rodríguez del Corral (presidente do Clúster TIC) ou Víctor Álvarez (director executivo de Situm). Tocaranse temas concretos como por exemplo o Big Data, a colaboración home-máquina ou as novas solucións para xestionar a mobilidade das persoas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?