Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As redes sociais, co-protagonistas da Feira de Artesanía da Pontenova
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As redes sociais, co-protagonistas da Feira de Artesanía da Pontenova

Redacción
Publicado: 07/12/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Presentación da feira celebrada os días pasados na Pontenova
Presentación da feira celebrada os días pasados na Pontenova
Dende mañá, 8 de decembro, e ata o domingo 11, A Pontenova acolle a súa décima edición da Feira de Artesanía e Antigüidades, un encontro impulsado polo Concello local e a Deputación de Lugo e que se dirixe a xuntar profesionais do sector (e seareiros das antigüidades e os obxectos feitos a man en calquera das súas moitas vertentes) de todo o ámbito estatal e mesmo de Francia e Portugal (o obxectivo é acadar unha participación de máis de 8.000 persoas). De xeito complementario, o venres (9 de decembro) a Fundación TIC da Deputación levará á Oficina de Turismo da Pontenova (dende as 16 ata as 20 horas) o Banco de Memoria Dixital, un proxecto que inclúe vídeos, audios, fotografías antigas e diversos documentos para coñecer a historia da provincia a través dos seus protagonistas: os veciños.
Emporiso, este ano o encontro de artesáns da Pontenova contará cunha novidade que chega con feitura de Xornada de Tendencias: repensar, reciclar, renovar; unha cita que terá lugar o sábado 10 (dende as 10:30 ata 16:30 horas) na Casa da Cultura. Neste caso, senlleiros profesionais amosarán técnicas aplicadas aos oficios tradicionais, conxugando innovación e tradición, co obxectivo de “reinventar e potenciar” este sector (proxectos sobre a transformación do móbel, etc). A xornada está aberta ao público en xeral e a entrada é de balde.
portal_artilujos.jpgA programación desta xornada comeza o sábado ás 10.30h coa recepción de asistentes.
Ás 11h, Reci-creando: por un mundo máis sustentábel. Blanca Arregui (licenciada en Dereito e especialista en social media management e redes sociais) presentará o portal de venda en liña de mobiliario reciclado Artilujos.
Ás 12h, Tendencias no mundo da reciclaxe creativa, con Susana Aparicio (artista e xestora, promotora e directora do Salón Internacional de Reciclaxe e Sustentabilidade).
Ás 13h, Revivindo: unha alma nova para vellos obxectos. Participarán Marcos Ladra (artesán da talla en madeira e restaurador); Ráquel López (artista plástica e tatuadora en Camaleón Tattoo); e Javier Sánchez-Montaña (arquitecto consultor Supp Art Asistant). Amosarán, entre outras moitas cuestións, como levar a arte do tatuaxe ao sector do móbel. Exporán unha orixinal peza tatuada en obradoiros da Pontenova.
Ás 16h, Presentación de pósters. Espazo reservado para a presentación de novos talentos e proxectos de emprendedores.
Ás 16:30h, Descubrindo o sabor do Antigo con Chus Cano. Chus Cano é presentadora na canle Decasa de varios programas, entre eles Reciclarte, no que dá vida a pezas que estaban no esquecemento.
E seguindo na fin de semana, celebrarase a primeira ruta da moto antiga e terá lugar a Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova, que reunirá a máis de 60 artesáns e anticuarios con demostracións de oficios tradicionais en vivo na Casa da Cultura (mañá e tarde), entre eles: Cecilia Carballo Castrillón (demostración de tear), José Mª Rodil Arruñada (escultura en madeira e de forxa), Aurora Rodil (encaixe de bolillos e pintura en tea), Michelle Pío Dasilva (labores en tea e ganchillo), Jesús Iglesias (torno) e Luísa Martínez Vázquez (cestería en vimbio).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?