Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nova convocatoria de axudas para que as PEME galegas accedan a servizos de dixitalización empresarial e da Industria 4.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nova convocatoria de axudas para que as PEME galegas accedan a servizos de dixitalización empresarial e da Industria 4.0

Redacción
Publicado: 07/12/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

reaccionatic_convocatoria_aberta.jpgXa está aberta a segunda convocatoria do Programa Reacciona TIC, impulsado polo IGAPE e a AMTEGA, para facilitar ás PEME o acceso a un catálogo de máis de 400 servizos orientados á súa modernización e innovación. As empresas interesadas poderán acceder, a prezos reducidos, ao asesoramento de axentes colaboradores especializados en procesos de dixitalización e solucións 4.0. As solicitudes poden presentarase de forma telemática na web do IGAPE. A primeira convocatoria recibiu un cento de solicitudes de empresas interesadas en acceder a estes servizos, e están previstas outras dúas convocatorias en xaneiro e marzo de 2017.
A posta en marcha deste programa enmárcase nun convenio de colaboración asinado entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), co que a Xunta suma esforzos e recursos para impulsar a modernización e a innovación tecnolóxica do tecido empresarial de Galicia a través da convocatoria de axudas publicada hoxe, para desenvolver actuacións de impulso á empresa dixital e a industria 4.0.
Este acordo reforza a aposta da Xunta de Galicia pola incorporación efectiva e continua das solucións 4.0 e das TIC en xeral nos sectores produtivos da Comunidade, a través do programa Reacciona TIC, que conta cun orzamento conxunto de máis de 2,3 millóns de euros ata o ano 2017, dos cales 1,26 millóns serán achegados pola AMTEGA e 1,11 millóns polo IGAPE. As achegas das dúas entidades colaboradoras fan posible a oferta dun catálogo unificado de servizos ás PEME para a diagnose, asistencia e soporte na implantación de solucións e servizos de mellora competitiva nos ámbitos de empresa dixital e industria 4.0.
Este catálogo de servizos está cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, orientado a promover o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación e conseguir un tecido empresarial máis competitivo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?