Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O curso de drons de Brión rematou cunha práctica de voo para os seus 20 participantes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O curso de drons de Brión rematou cunha práctica de voo para os seus 20 participantes

Redacción
Publicado: 07/12/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

dronsbrion.jpgO Concello de Brión, a través da área de formación do seu Espazo Tecnolóxico, vén de rematar a súa acción formativa dirixida á adquisición de competencias no manexo de drons. O curso, de 30 horas lectivas, desenvolveuse as pasadas semanas da man dos expertos da firma galega Meudron, que achegaron na Aula CeMIT local contidos sobre a lexislación relativa ao uso destes aparellos, as súas posibilidades de negocio, o seu manexo operativo, as prácticas de montaxe e os compoñentes. A actividade completouse cunha vertente práctica con manexo real de aparellos aéreos non tripulados. O Concello anunciou que está a preparar xa a segunda edición da actividade, para este ano 2017, tendo en conta o éxito de participación acadado coa primeira entrega.
dronsbrion2.jpgAo curso asistiron vinte alumnos e alumnas. No colofón da actividade, as probas reais de voo e manexo de drons, puideron experimentar a sensación de controlar e dirixir un destes aparellos nas instalacións do pavillón polideportivo municipal. Segundo informan os organizadores da actividade, os participantes mesmo se animaron a pilotar no exterior do devandito inmóbel. As prácticas de pilotaxe foron dirixidas por Miguel Anxo Gómez e todo indica que terán continuidade (como formación extra abeirada á presente convocatoria) no aeródromo de Cacheiras, no concello veciño de Teo. A idea é levar a cabo neste emprazamento unha actividade ceibe de restricións.
dronsbrion3.jpgSegundo Antonio Casal, encargado da Aula CeMit de Brión, algúns dos alumnos “aproveitaron o curso de tal modo que van presentarse ao exame para obter a licenza oficial de piloto que expide a ATO, certificada pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA)”. Ademais, Antonio Casal tamén adianta que “dado o éxito e como quedou xente en listaxe de agarda xa se está pensando en organizar unha segunda edición do curso para o vindeiro ano”.
Segundo lembra o Concello de Brión, os drons son aeronaves non tripuladas manexadas por radio control, de diferentes tamaños, que teñen diversas aplicacións en ámbitos como a agricultura, a cartografía e topografía, o medio ambiente, o mantemento de instalacións, a fotografía, o cine, a televisión, etc. “A gran vantaxe destes dispositivos é a seguridade que ofrecen para acceder a zonas de complicado acceso, con axilidade e sen poñer en perigo ningunha tripulación”, explicaron os organizadores do curso con motivo da súa presentación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?