Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha investigación feita nas universidades divide ao persoal docente sobre a utilidade das redes sociais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha investigación feita nas universidades divide ao persoal docente sobre a utilidade das redes sociais

Redacción
Publicado: 07/12/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

redes_sociais_computadora.jpgSon as redes sociais ben consideradas no sistema universitario galego? E os buscadores bibliográficos? Estas preguntas son o eixo sobre o que xira un estudo que vén de ser feito entre o Persoal Docente e Investigador (PDI) das tres universidades galegas e que conclúe, en termos xerais, que a metade do PDI das universidades galegas di que Facebook e Twitter non lle son útiles. Máis polo miúdo, docentes e investigadores da USC, UVigo e UDC expresan opinións divididas e enfrontadas, a partes iguais, sobre a idoneidade de usar estas redes sociais para o seu traballo. Pola contra, existe un amplo consenso en valorar e usar os buscadores bibliográficos en liña.
Detrás deste traballo atopamos a José Rúas-Araújo (profesor titular da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Universidade de Vigo); Francisco Campos-Freire (profesor titular da de Ciencias da Comunicación, Universidade de Santiago de Compostela-USC) e Iván Puentes-Rivera (investigador predoutoral da Universidade de Vigo).
Os autores analizan o coñecemento, uso, valoración e impacto de Facebook e Twitter e dos buscadores bibliográficos entre o PDI das tres universidades galegas. Para isto, realizaron unha enquisa entre funcionarios (catedráticos e profesores titulares), persoal fixo e contratado laboral, de 46-58 anos (maiormente homes, 55,3%) da que se conclúe que Scopus e Google Scholar son os buscadores máis coñecidos, con porcentaxes superiores ao 80% e un uso superior ao 60%, mentres que EBSCO e EMBASE son os menos populares.
A Universidade de Vigo é a que amosa maior porcentaxe a prol das redes, mentres que a da Coruña é na que hai máis rexeitamento ao seu uso.
Das tres universidades galegas, é a UVigo a que posúe unha maior porcentaxe de docentes e investigadores que consideran positivo o uso de Facebook e Twitter para a docencia e a investigación (55,6%), fronte ao 44,4% dos membros desta institución que non consideran o uso destas ferramentas.
A Universidade da Coruña (UDC) é a que ten unha maior porcentaxe e diferenza, entre o PDI en contra da utilización destas redes sociais (61,3%) e a prol (38,7%).
A USC é a institución na que as opinións están máis igualadas e enfrontadas, entre partidarios (53,2%) e detractores (46,8%) do uso destas redes sociais para a docencia e a investigación.
Por categorías profesionais, “son os colectivos máis asentados laboralmente os que se amosan máis en contra do emprego de Facebook e Twitter para a docencia e a investigación, fóra dos catedráticos de universidade, onde a proporción de partidarios e detractores é case idéntica”.
“Pola contra, o maior número de partidarios do emprego destas ferramentas para usos docentes e investigadores atópase nos investigadores predoutorais (72,5% a prol, 27,5% en contra), profesores asociados (65,8% a prol, 34,2% en contra), axudantes doutores (57,9% a prol, 42,1% en contra) e investigadores postdoutorais (56,3% a prol, 43,8% en contra)”, engaden.
En canto aos buscadores, neste ensaio tamén se indagou sobre o coñecemento e uso destas ferramentas ou aplicacións de xestión de referencias bibliográficas por parte dos docentes e investigadores. “Os resultados conclúen un alto grao de coñecemento e manexo dos buscadores”.
Así, os datos din que máis dun 90% dos enquisados son usuarios destas ferramentas, dos cales un 48,4% manifestan un dominio básico e un 43,2% decláranse expertos. A porcentaxe dos que declaran descoñecelos ou non empregalos é do 6%.
Os resultados obtidos no caso galego, segundo os investigadores, “contrasta, en certo senso, cos obtidos nunha enquisa realizada pola revista Nature a investigadores de distintos países sobre a utilización que facían das redes sociais e académicas”.
Os resultados foron os seguintes, en orde decrecente: 1. Google Scholar; 2. ResearchGate; 3. Linkedin; 4. Facebook; 5. Google+; 6. Twitter; 7. ResearcherID; 8. Mendeley e 9. Orcid.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?