Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Tecnópole organiza en xaneiro un curso de iniciación aos drons
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Tecnópole organiza en xaneiro un curso de iniciación aos drons

Redacción
Publicado: 09/12/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

tecnopole_curso_drons.jpgA Tecnópole de Ourense vai organizar en xaneiro curso de iniciación aos drons. A actividade diríxese a fornecer coñecementos básicos “para podermos gozar integramente da experiencia de voar estes aparellos non tripulados”. Entre os puntos fortes da actividade formativa inclúese a posta a disposición do alumnado de vehículos aéreos empregados para series como El Final del Camino, unha produción da firma galega Voz Audiovisual que inclúe (entre outras cousas) un pormenorizado achegamento á Galicia da Edad Media. O curso desenvólvese o 11 de xaneiro en modalidade presencial de 8 horas duración (xornada completa), na propia sede da Tecnópole en San Cibrao das Viñas (Ourense). Imparten os profesionais da firma AeroCámaras, operadora galega de tecnoloxías aéreas de filmación con sedes en San Cibrao, Lalín, Madrid e Tarifa.
Segundo informa a Tecnópole, os alumnos recibirán coñecementos xerais de lexislación, dos diferentes modelos de drons, das súas utilidades e das nocións básicas de voo, entre outros temas.
O curso impartirase nunha aula de formación e nun campo de voo habilitado para a realización de exercicios, estando os participantes asesorados polos docentes especializados. Segundo engade a Tecnópole, unha vez rematada a actividade, os alumnos terán acceso a todos os descontos de formación e equipos profesionais no caso de que queiran realizar a formación oficial de piloto de drons ou comprar un aparato profesional, así como, diferentes facilidades de pago. O obradoiro vai dirixido a “todo o público interesado en acadar unha visión global e técnica dos drons, a súa utilidade presente e futura naqueles temas como a enxeñería, a seguridade, emerxencias, sector audiovisual ou inspeccións técnicas entre outros eidos”. Tamén se encamiña a persoas iniciadas nestas tecnoloxías e orientadas ao emprego profesional de drons, tanto dende o punto de vista da xestión como do voo e a operación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?