Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Patricia Argerey toma posesión como nova directora de GAIN
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Patricia Argerey toma posesión como nova directora de GAIN

Redacción
Publicado: 09/12/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

conde_toma_posesion_gain_2.jpgHoxe celebrouse en Santiago a toma de posesión de Patricia Argerey Vilar como nova directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), incorporación da que xa dimos conta os días pasados dende Código Cero salientando a súa traxectoria profesional previa, por exemplo o seu labor á fronte do gabinete do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde. Precisamente, no acto de investimento celebrado hoxe participou o conselleiro de Economía, destacando que “a nova responsable de GAIN ten como principal obxectivo que Galicia e a súa industria sigan incorporando a innovación ao seu ADN”.
Conde salientou tamén “a vocación de servizo público” de Argerey Vilar para que GAIN cumpra os grandes retos que ten sobre a mesa ata o ano 2020, retos que inclúen o afianzamento do polo industrial e tecnolóxico de avións non tripulados para uso civil de Rozas, o cumprimento da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3) ou “estreitar o vínculo entre empresa e universidade co obxectivo de que a transferencia de coñecemento sexa cada día más útil para a economía galega”.
A nova directora de GAIN amosouse agradecida “pola confianza amosada polo conselleiro” e fixo saber que a súa folla de ruta é “traballar polos galegos e galegas para impulsar a innovación na Comunidade, dando así continuidade ao labor realizado polo seu antecesor no cargo, Manuel Varela”.
Argerey Vilar, nada en Lugo no ano 1977, é doutora en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid e conta cun máster en Estudos Políticos Aplicados pola Fundación Internacional e para Iberoamérica de Administración e Políticas Públicas. Ocupaba desde xaneiro de 2013 o cargo de xefa de gabinete do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, onde chegara despois do seu labor como asesora do presidente da Xunta desde o ano 2009.
Con anterioridade foi profesora na Universidade Complutense de Madrid e secretaria xeral e coordinadora de proxectos I+D do Instituto de Estudios Europeos da Universidade CEU San Pablo, onde exerceu tamén a docencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?