Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra estreará unha ferramenta informática de xestión integrada para o saneamento municipal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra estreará unha ferramenta informática de xestión integrada para o saneamento municipal

Redacción
Publicado: 12/12/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depu_pontevedra_saneplanoriginal.jpgO venres 9 de decembro a Deputación de Pontevedra organizaba unha xornada para avanzar detalles dunha ferramenta informática de seu para a xestión integrada do saneamento municipal, trátase de SANePLAN. A este encontro asistía o presidente en funcións da Deputación, David Regades, e o persoal técnico dos concellos e das empresas do sector da auga e do medio ambiente. Será o 20 de decembro a data de presentación desta nova ferramenta, desenvolvida no marco do proxecto SANePLAN, no que participa a institución provincial xunto ao Instituto Tecnolóxico de Galicia e a empresa italiana Physis SRL. Así, o día da presentación farase unha demostración práctica do funcionamento de SANePLAN, unha aplicación que responde a aspectos clave que fan máis doada a toma de decisións políticas e técnicas sobre esta cuestión.
Grazas a esta aplicación, prestarase cobertura ás necesidades de xestión destas redes e estacións e impulsarase a planificación segundo as necesidades actuais e previsións futuras. Mediante SANePLAN será posible xeorreferenciar infraestruturas, analizar o consumo enerxético, os custos e impacto ambiental, estudar as emisións de CO2, rexistrar e xestionar incidencias, analizar puntos críticos da rede e simular escenarios futuros tendo en conta situacións como “novos desenvolvementos urbanísticos ou, nas vilas con carácter turístico, a sobrepoboación estacional”.
Segundo David Regades, “SANePLAN é unha solución sinxela que permitirá ao persoal técnico dos concellos saber cal é a infraestrutura de saneamento necesaria para unha poboación ou mancomunidade e se é abonda; os núcleos aos que dá e pode dar servizo; se o cambio climático pode afectar á infraestrutura de saneamento existente; actualizar o inventario das infraestruturas de saneamento; controlar as actuacións que se estean a executar; ter un control do proceso de depuración; realizar simulacións ou avaliar as augas residuais xeradas”.
En resumo, estamos perante unha ferramenta de coñecemento para mellorar o servizo da auga: o seu estudo, análise e información.
Cómpre informar que a dita ferramenta será inaugurada nos catro concellos da provincia que participan no proxecto: Cambados, Ribadumia, Baiona e Vilanova de Arousa, nos que xa se analizaron máis de 425 quilómetros de rede de saneamento. Engadir que esta solución será introducida paseniño en todos os concellos da provincia.
SANePLAN é un proxecto aprobado pola Unión Europea, dotado cun orzamento de 1,5 millóns de euros para a planificación integrada e xestión sostible do saneamento a través de tecnoloxía de precisión innovadora. En concreto, a través desta actuación estase a impulsar a integración da xestión do saneamento e os seus elementos coa planificación urbana, co obxectivo de mellorar o funcionamento das redes de saneamento e depuración.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?