Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As fundacións Telefónica e La Caixa loitarán coa ONU a prol da educación dixital nos países pobres
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As fundacións Telefónica e La Caixa loitarán coa ONU a prol da educación dixital nos países pobres

Redacción
Publicado: 12/12/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

César Alierta, promotor de ProFuturo amais de presidente executivo da Fundación Telefónica
César Alierta, promotor de ProFuturo amais de presidente executivo da Fundación Telefónica
Co obxectivo de combater unha das vertentes máis preocupantes da chamada fenda dixital (a que afasta dixitalmente aos países máis ricos dos pobres, creando novas distancias económicas, culturais, sociais, comunicativas e políticas, amais de engadir distancias novas que non existían), Telefónica e La Caixa veñen de establecer unha alianza co Fondo para os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) da ONU. O obxectivo desta fronte común, que se artella a través do proxecto ProFuturo, promovido pola Fundación Telefónica e a Fundación Bancaria La Caixa, “é impulsar unha educación dixital de calidade en países en vías de desenvolvemento”.
O líder da alianza non será outro que César Alierta, promotor de ProFuturo amais de presidente executivo da Fundación Telefónica e patrón da devandita entidade de La Caixa. Alierta, agora asesor global do novo proxecto, sinalou que “a través da educación dixital é posible proporcionar unha educación de calidade a calquera persoa en calquera parte do mundo”.
En termos máis concretos, a colaboración materializarase en tres áreas de actividade principais: procura de socios e alianzas, promoción do papel das empresas no desenvolvemento da educación e implantación dunha liña de traballo en educación dixital, unha liña que en palabras de Alierta “representa a panca de transformación e mellora das oportunidades de millóns de nenos e nenas en situación de vulnerabilidade”.
Como lembraremos, ProFuturo é unha iniciativa destinada a reducir a fenda educativa no mundo e impulsar a educación dixital de nenos en países emerxentes. Busca, máis polo miúdo, proporcionar “unha educación de calidade” a 10 millóns de nenas e nenos en risco de exclusión social, en só 5 anos. Este proxecto ten vocación de acoller e promover a participación doutras empresas e institucións. Arestora ten proxectos en marcha en África e América Latina, e estenderase por Asia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?