Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores da USC tiran proveito da gamificación para recoñecer emocións en doentes de esquizofrenia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores da USC tiran proveito da gamificación para recoñecer emocións en doentes de esquizofrenia

Redacción
Publicado: 13/12/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

usc_emocialt.jpgCollendo como obxectivo a mellora do recoñecemento das emocións na esquizofrenia, o grupo de Psiquiatría Clínica, Psiquiatría Social e Psicoterapia da USC (Universidade de Santiago de Compostela), dirixido por Raimundo Mateos, partiu de varias probas con mímica e traballou con elas de cara a automatizalas para que o doente poida realizar adestramentos dende a súa casa. Máis polo miúdo, Alejandro García Caballero (integrante deste equipo) leva a cabo unha investigación que tenta demostrar a eficacia dunha nova técnica para mellorar ese recoñecemento a través dun software (da empresa holandesa Sightcorp) que fai medicións da emoción que representa o paciente na súa face imitando un modelo. O programa comeza achegando un output cunha porcentaxe de emoción en cada foto. Estes resultados gamifícanse para darlle ao usuario “unha experiencia de xogo que sexa gratificante”.
Cómpre dicir que este novo sistema probouse con éxito nun primeiro ensaio piloto na asociación Albores de Monforte. O dito programa forma parte da plataforma e-Motional Training, financiada polo Servizo Galego de Saúde por medio de Fondos FEDER, no contexto do Programa PRIS de innovación.
Engadir que esta investigación da USC vén de gañar o Premio ao Mellor Videoxogo Destinado á Saúde no III Congreso de Xogos de Saúde de Madrid, co videoxogo Second Chance, de Francisco Diaz Llenderrozas. Trátase dun programa de adestramento en cognición social encamiñado a doentes con trastornos mentais e a poboación non clínica co obxecto de mellorar as súas habilidades en contornas sociais a través dun xogo con diferentes finais e tomas de decisións.
O xogo, realizado pola empresa vasca Virtualware e pola galega Plexus, estase a probar en pacientes con trastornos mentais mais os investigadores salientan as súas posibilidades de uso no eido educativo, estando prevista a súa achega por parte do SERGAS en 2017.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?