Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O director do IGAPE ve a transferencia tecnolóxica como chave da Industria 4.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

O director do IGAPE ve a transferencia tecnolóxica como chave da Industria 4.0

Redacción
Publicado: 13/12/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

reacciona_tic_01.jpgInnovar é aforrar. Incentivos para a I+D+i na nova contorna económica é unha xornada técnica organizada esta mañá pola APD en colaboración coa F. Iniciativas, e durante a súa aperta o director do IGAPE, Javier Aguilera salientou que a innovación continua e a transferencia de tecnoloxía son as principais claves para asegurar a mellora da competitividade no ámbito da Industria 4.0 que promove a Xunta de Galicia a través da Axenda da Competitividade Galicia – Industria 4.0, liderada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, precisamente para apoiar a incorporación ás empresas das novas tecnoloxías.
Ademais de mencionar axudas como as destinadas a promover proxectos Fábrica 4.0 nas 38 empresas beneficiarias da primeira convocatoria, o director do IGAPE destacou que, a través do programa ReAcciona TIC, as PEME galegas poderán acceder a información e asesoramento sobre as oportunidades e os retos relacionados coa transformación dixital e a Industria 4.0. Impulsado conxuntamente polo IGAPE e a AMTEGA, o programa está aberto á presentación de solicitudes para facilitarlles ás empresas beneficiarias a incorporación de competencias e novas tecnoloxías para mellorar a súa competitividade futura.
reacciona_tic_02.jpgO ReAcciona TIC inclúe servizos para establecer novas fórmulas de produción e para impulsar a fabricación de produtos diferenciados e de calidade a través de novos modelos e procesos de deseño, creación e distribución. Deste xeito, engadiu Aguilera, as PEME poderán acceder a asesoramento especializado para avaliar a súa capacidade e as oportunidades ao seu alcance para aplicar solucións de Industria 4.0 que lles permitan unha maior flexibilización, automatización, interconexión e sustentabilidade.
A xornada Innovar é aforrar incluíu o desenvolvemento de dúas mesas redondas nas que participaron representantes do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade e da Axencia Estatal de Administración Tributaria; da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI); profesionais expertos en fiscalidade e financiamento de proxectos de I+D+i; e representantes de empresas como Castrosúa, Televés, Clesa ou Sivsa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?