Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación salienta en Ponteareas a capacidade de SmartPEME para dar servizo a todos os emprendedores e autónomos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación salienta en Ponteareas a capacidade de SmartPEME para dar servizo a todos os emprendedores e autónomos

Redacción
Publicado: 14/12/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

smartpemeponteareas2_original.pngO programa SmartPEME da Deputación de Pontevedra, unha iniciativa para levar a formación TIC personalizada aos autónomos e emprendedores da provincia, segue adiante co seu itinerario de presentacións para, precisamente, non deixar recanto da provincia sen a máxima actividade. O último concello en acoller a presentación de SmartPEME foi Ponteareas, onde a entidade provincial lembrou as posibilidades de asesoramento tecnolóxico que pon en xogo o programa, coa súa máis completa listaxe de actividades formativas mensuais, coa súa rede de oficinas físicas (Cambados, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño e Vigo) e coa súa vontade renovada de colaborar localmente, tanto cos concellos como coas asociacións e emprendedoras/es.
Na presentación participou o deputado de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios, quen fixo fincapé nunha das principais características de SmartPEME: a súa vontade de implantar novas formulacións en materia de estratexia dixital. A xornada tivo lugar na casa do concello de Ponteareas e contou coa asistencia do seu alcalde, Xosé Represas.
Segundo lembrou o deputado provincial, SmartPEME é un proxecto pensado como un servizo que engloba todos os axentes implicados no emprego, porque, dixo, “é algo que nos atangue a todas e todos os que estamos unidos e unidas polo noso firme compromiso polo benestar da cidadanía”. Por este motivo, salientou o feito de que “este programa estea pensado para darlles aos concellos o protagonismo que merecen ter e poder así traballar xuntos pola prosperidade e a modernización da nosa provincia”.
Dios tamén recordou “as melloras introducidas neste novo modelo”, en relación á iniciativa análoga previa da Deputación, a rede CPAE 2.0, destacando “a incorporación dunha estratexia personalizada para cada caso individual, ademais da especialización de cada unha das oficinas en función dos sectores máis implantados no tecido empresarial de cada territorio”.
Igualmente, fixo un percorrido polas diferentes actividades que se están a pór en marcha nos emprazamentos físicos de SmartPEME: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial en función das necesidades das áreas de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as pequenas e medianas empresas e impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?